InicioOccidentalCervoO BNG de Cervo reclama ao goberno local cambiar a súa política...

O BNG de Cervo reclama ao goberno local cambiar a súa política de gastos

Diego Fernández, portavoz do grupo municipal do BNG en Cervo, afirmou que “non é de recibo que o goberno do Partido Popular antepoña o gasto en actos festivos á seguridade dos nosos veciños"

Publicada o

- Advertisement -

O BNG de Cervo cualifica de malgasto o uso que o goberno local fai dos cartos públicos. Segundo os nacionalistas, en 2024, o Executivo local gastou máis de 50.000 euros en aluguer de carpas para actos e eventos festivos, “unha cifra escandalosa que, debería dirixirse ás verdadeiras necesidades dos veciños e veciñas de Cervo, como a mellora dos servizos públicos ou o investimento en infraestruturas”.

Para o BNG un exemplo da mala xestión é o recente peche Grupo Municipal de Emerxencias (GES), formado por doce profesionais “de alta cualificación, cuxo traballo foi vital para a seguridade e o benestar de todos os habitantes do concello”. En base a esta e outras actuacións, o BNG cervense recrimina que as prioridades da alcaldía son “o gasto en festas e eventos, ao tempo que recorta en servizos esenciais para a comunidade”.

Diego Fernández, portavoz do grupo municipal do BNG en Cervo, afirmou que “non é de recibo que o goberno do Partido Popular antepoña o gasto en actos festivos á seguridade dos nosos veciños”. Dende o BNG esixen que “se reorienten as políticas de gasto e que os cartos públicos se destinen ao verdadeiramente urxente e necesario: aumentar a seguridade e mellorar os servizos públicos”.

ÚLTIMAS

José Leal: “O Cantábrico galego estaba moi esquecido na historiografía galega, por iso quixen escribir sobre el”

-Por que escribiches este traballo sobre a pesca no Cantábrico de Lugo? Sobe o Cantábrico...

Viveiro anuncia o comezo da Enquisa de Poboación e as Vivendas 2026

O Concello de Viveiro informa de que a Delegación Provincial do Instituto Nacional de...

Antonio Rey, directivo do Xove FS: “Cada tempada hai que reinventarse porque cada día competir é máis complicado”

  -Como entraches nesta aventura do Xove Fútbol Sala? Durante o ano 2009 xuntámonos varios amigos...

Foz asina a cesión do edificio da residencia e centro de día co Consorcio Galego

O Concello de Foz acaba de asinar hoxe, venres, a transmisión de titularidade do...