InicioOccidentalCervoCervo inicia as obras de saneamento na parroquia de Castelo

Cervo inicia as obras de saneamento na parroquia de Castelo

A alcaldesa, Dolores García Caramés, e a edil de Obras, Mali Méndez, achegáronse ata o lugar para ver in situ os traballos, que tal e como recordou a rexedora “están sufragados integramente con fondos municipais do remanente de tesourería”.

Publicada o

- Advertisement -

O concello de Cervo iniciou estes días as obras de saneamento na parroquia de Castelo, que afectan en concreto ao lugar da Chousa de Motín, e que supoñen un investimento de máis de 100.000 euros -108.724,48 euros concretamente-.

A alcaldesa, Dolores García Caramés, e a edil de Obras, Mali Méndez, achegáronse ata o lugar para ver in situ os traballos, que tal e como recordou a rexedora “están sufragados integramente con fondos municipais do remanente de tesourería”.

A alcaldesa explicou que o proxecto contempla a creación dunha nova rede de sumidoiros de augas residuais en tubos de PVC entre pozos de rexistro e renovaranse as acometidas domiciliarias, e tamén se renovará a pavimentación dos tramos de calzada afectados, mellorando tamén as condicións de accesibilidade da zona.

O remanente de tesourería que fomos sumando bríndanos agora a oportunidade –afondou- de seguir investindo en proxectos que beneficiarán a todos, “neste caso centrados na mellora das infraestruturas deste núcleo do noso rural”.

Trátase dun paso máis –engadiu- para seguir na procura do noso obxectivo de garantir o acceso dos servizos básicos de calidade para todos, independentemente do lugar no que vivamos; e é que son obras que non só melloran a saúde pública senón que tamén contribúen á protección do medio ambiente.

Este tipo de actuacións ás veces pasan desapercibidas, non se ven, pero implican unha inversión pública moi importante que redundará na mellora da calidade de vida da veciñanza e no desenvolvemento das nosas zonas rurais, explicou.

ÚLTIMAS

O presidente da República de Cabo Verde recibe á alcaldesa de Burela no pazo presidencial

O Presidente da República de Cabo Verde, José María Neves, vén de recibir á...

Héitor Picallo: “As Crónicas Compostelanas deron a imaxe negativa de dona Urraca que chegou até hoxe”

-A súa conferencia en Ribadeo vai tratar sobre a figura das raíñas galegas. Nesta...

Finalizan en Ribadeo as Xornadas Profesionais de Corresponsabilidade

Coa presentación este mediodía do Decálogo Local pola Corresponsablidade remataron en Ribadeo as Xornadas...

Nenos e nenas das Escolas Deportivas de Barreiros saíron ao campo acompañando a xogadores do CD Lugo

As nenas e nenos das Escolas Deportivas Municipais de Barreiros foron protagonistas este sábado...