InicioOccidentalCervoO BNG de Cervo denuncia que a Senra leva un mes sen...

O BNG de Cervo denuncia que a Senra leva un mes sen cobertura móbil

O BNG declara que este tipo de problemas son un claro exemplo da falta de planificación e xestión do actual goberno municipal "que non foi quen de dar solución a unha situación que afecta directamente ao benestar dos veciños da zona"

Publicada o

- Advertisement -

Os concelleiros do BNG no Concello de Cervo, Diego Fernández e Zulema Murado reclaman ao equipo de goberno “que actúe con urxencia para solucionar o grave problema que afecta aos veciños co servizo de telefonía”. A formación nacionalista denuncia que os veciños levan máis dun mes sen cobertura móbil, o que está a deixar boa parte da poboación sen acceso a un servizo básico.

“Este é un exemplo máis da apatía e desatención do equipo de goberno do Partido Popular ante os problemas reais dos veciños e veciñas do noso municipio”, afirmou o portavoz do BNG Diego Fernández. “A Senra leva máis de 30 días sen cobertura móbil, o que supón un illamento total para os seus habitantes, xa que non só afecta á comunicación persoal, senón tamén ás situacións de emerxencia, aos servizos bancarios e ao acceso á información en tempo real. Non é de recibo que un servizo básico como a cobertura móbil non se restableza despois de máis dun mes de danos”, engadiu.

Falta de xestión da alcaldesa e o goberno municipal

O BNG declara que este tipo de problemas son un claro exemplo da falta de planificación e xestión do actual goberno municipal “que non foi quen de dar solución a unha situación que afecta directamente ao benestar dos veciños da zona”.

“O equipo de goberno non pode seguir mirando para outro lado. Os veciños de Senra precisan dunha resposta inmediata. Esiximos que se poñan en marcha as medidas necesarias para restablecer canto antes a cobertura móbil. Non é de recibo que no século XXI se sigan producindo estes problemas de comunicación sen que actúe o goberno municipal”, subliñan os nacionalistas.

O BNG anunciou que levará este punto á próxima sesión do pleno municipal, coa intención de adoptar medidas concretas e dar unha resposta clara á cidadanía de Senra.

ÚLTIMAS

Samuel Bouza: “Volveremos recorrer á Valedora se non se soluciona o ruído na zona vella”

-Por que nace esta nova Plataforma de Veciños e Veciñas de Viveiro? Foi unha idea...

Por Viveiro realiza contactos cos diferentes grupos locais para formar un goberno de concentración

Os independentes de Por Viveiro, reuníronse para dar conta dos contactos cos diferentes grupos...

Ribadeo centrará a súa axenda de actos nos Días de Rosalía o 8M

Teatro, danza, musicais e actividades para celebrar os Días de Rosalía e o 8M...

Viveiro será de novo protagonista en FITUR polo seu patrimonio natural e histórica

O Concello de Viveiro estará presente en FITUR co fin de promocionar e dar...