InicioOccidentalCervoCervo entrega axudas ás ANPAs dos centros escolares municipais

Cervo entrega axudas ás ANPAs dos centros escolares municipais

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa, Dolores García Caramés, e o concelleiro David Rodríguez, veñen de manter un encontro con representantes das ANPAS dos tres centros escolares do municipio: CEIP Península da Paz, CEIP de Cervo e IES Marqués de Sargadelos.

Na xuntanza, ademais de abordar diferentes cuestións relativas ao funcionamento dos centros, tamén lles entregaron un cheque por valor de 1250 euros por asociación, para contribuír coas actividades que programan ao longo do curso.

A alcaldesa quixo afondar no importante traballo que desenvolven estes colectivos, e o que pretendemos con esta axuda –explicou- “é contribuír a fomentar as actividades lúdicas, educativas e culturais que promoven as asociacións de pais e nais ao longo de todo o ano, e que enriquecen o desenvolvemento do alumnado, creando ao tempo unha contorna escolar máis inclusiva, participativa e de calidade”

É unha axuda pois que vai dirixida a dinamizar a escolarización –precisou- “ademais de brindarlles ás ANPAS unha axuda económica para que poidan facer fronte aos seus gastos de funcionamento”.

Esta achega municipal vén sumarse ás axudas que se entregaron en días pasados para gastos de transporte do alumnado que estuda fóra e tamén dirixidas aos centros educativos, “o que é unha mostra do noso compromiso coa educación, que é a base do futuro das vindeiras xeracións”.

ÚLTIMAS

Samuel Bouza: “Volveremos recorrer á Valedora se non se soluciona o ruído na zona vella”

-Por que nace esta nova Plataforma de Veciños e Veciñas de Viveiro? Foi unha idea...

Por Viveiro realiza contactos cos diferentes grupos locais para formar un goberno de concentración

Os independentes de Por Viveiro, reuníronse para dar conta dos contactos cos diferentes grupos...

Ribadeo centrará a súa axenda de actos nos Días de Rosalía o 8M

Teatro, danza, musicais e actividades para celebrar os Días de Rosalía e o 8M...

Viveiro será de novo protagonista en FITUR polo seu patrimonio natural e histórica

O Concello de Viveiro estará presente en FITUR co fin de promocionar e dar...