InicioOccidentalCervoCervo acollerá o vindeiro o XV Campionato de Nadal de Nihon Tai-jitsu

Cervo acollerá o vindeiro o XV Campionato de Nadal de Nihon Tai-jitsu

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo, acollerá o vindeiro sábado 21 de decembro o XV Campionato de Nadal de Nihon Tai-jitsu.

O evento foi presentado pola alcaldesa, Dolores García Caramés, polo concelleiro, Adrián Arias, e polo presidente da Escola de Artes Marciais de Cervo e director do departamento de Tai-jitsu da Federación Galega de Kárate, Miguel Ángel Rojo.

Estímase que medio cento de competidores de toda Galicia acudirán ao Pavillón do CEIP Península da Paz para disputar a competición, desde a categoría alevín ata a sénior na madoralidade de kata individual.

Desde o Concello convidan aos veciños e visitantes a desfrutar desta actividade que se enmarca na programación de Nadal do municipio e que busca promover a importancia da actividade física e a competición deportiva.

ÚLTIMAS

Alcoa destaca a seguridade da balsa de lodos vermellos tras presuntas fugas denunciadas por veciños

Un veciño da parroquia de Lago gravou a inicios desta semana unha presunta fuga...

Burela participará no II Encontro Internacional de Mulleres Electas en Cabo Verde

A alcaldesa de Burela e presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, acompañada pola concelleira de Economía, Patricia...

O grupo de gaitas Dambara de Burela estará no desfile de San Patricio en Madrid co apoio da Deputación

O grupo de gaitas da Asociación Cultural e Musical Dambara de Burela será o...