InicioOccidentalCervo'Unha vela por ti', acto en San Cibrao polo Día Mundial Contra...

‘Unha vela por ti’, acto en San Cibrao polo Día Mundial Contra a Violencia de Xénero

Un acto no que tamén se gardou un minuto de silencio polas dúas mulleres asasinadas esta mesma fin de semana que, se se confirman como casos de violencia de xénero, engrosan a lista ata 42 mulleres asasinadas en España no que vai de ano

Publicada o

- Advertisement -

A praza Nardo Martínez de San Cibrao acolleu este pasado luns o acto ‘Unha Vela por ti’, con motivo deste Día Mundial de Loita Contra a Violencia de Xénero, en colaboración con Mujeres en Igualdad de Cervo.


Un acto no que tamén se gardou un minuto de silencio polas dúas mulleres asasinadas esta mesma fin de semana que, se se confirman como casos de violencia de xénero, engrosan a lista ata 42 mulleres asasinadas en España no que vai de ano. Tal e como apuntou a alcaldesa, Dolores García Caramés, destrás de cada unha destas mortes hai unha historia, unha vida truncada.


Por iso hoxe non só iluminamos esta Praza –engadiu- senón que iluminamos a memoria de todas estas mulleres que foron vítimas desta lacra, cada unha destas velas representa unha vida que se apagou demasiado pronto, unha muller que perdeu o seu dereito máis fundamental: vivir libre de medo.


Neste día recordamos ás que xa non están, e aquí en Cervo de xeito moi especial a María Adela e a María José.  Aínda que o camiño é longo –apuntou- xuntos podemos iluminar un futuro no que ningunha muller viva baixo o manto da dor, do medo ou da violencia.


A alcaldesa quixo darlle as gracias a todas as persoas que se sumaron ao acto, e recordou que todo o recaudado coa compra das velas irá destinado á vivenda tutelada para mulleres vítimas de violencia de xénero con enfermidade mental, da asociación Saúde Mental A Mariña. O acto estivo amenizado por Verónica Cambón.

ÚLTIMAS

O Parlamento aproba accións legais se se incumpre o acordo de Alcoa e unha intervención pública, de ser necesaria

A Cámara galega aprobou unha iniciativa cunha batería de cuestións relacionadas coa planta de Alcoa en...

O alcalde de Ribadeo agradece que a Deputación de Lugo arranxe a estrada de Vilela

O alcalde, Dani Vega, agradece que a Deputación de Lugo arranxe a estrada de...

O PP de Trabada e o da Deputación destacan ter o compromiso para arranxar a estrada LU-P-6101

O voceiro do PP de Trabada, José María Fernández, explica que “grazas ao traballo”...

O X Festival de Jazz e Blues de Ribadeo finaliza esta fin de semana

A décima edición do Festival de Jazz e Blues de Ribadeo rematará esta fin...