InicioOccidentalCervoNova edición de 'Cervo Concilia' polo Nadal

Nova edición de ‘Cervo Concilia’ polo Nadal

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo organiza para este Nadal unha nova edición do programa “Cervo Concilia”, que dará comezo o 23 de decembro.

Este programa, que está dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, componse dun completo calendario de actividades educativas e lúdicas pensadas para entreter ás crianzas nestas datas de lecer, sen deixar de lado a aprendizaxe e incidindo especialmente no concepto da conciliación das familias.

Estenderase durante as vacacións de Nadal, finalizando o 7 de xaneiro, en horario de 8:30 a 14:30 horas.

As inscricións están a disposición das familias na Casa da Cultura de San Ciprián e na Casa do Concello. O prazo para anotarse remata o 13 de decembro e as prazas son limitadas.

FOTOGRAFÍA

Tamén en Cervo se celebrou un taller de foto de luz negra que impartiu Diana Fajardo na Casa da Cultura en San Cibrao, dentro dos actos do 25N.

Tamén foi unha xornada na que crearon e tiraron de imaxinación co violeta como protagonista, cor símbolo da loita contra a violencia de xénero.

ÚLTIMAS

Evacuados doce viaxeiros do tren Ortigueira-Viveiro por un obstáculo na vía no Concello de Mañón

Unha docena de viaxeiros tiveron que ser evacuados este xoves á noite despois de...

Ribadeo acolle o 16 de outubro o primeiro encontro forestal do Noroeste

Ribadeo acollerá o 16 de outubro o I Encontro Forestal do Noroeste no que...

Burela pide cautela ante a vaga de roubos na comarca e concello e non dificultar o traballo dos axentes

A vaga de roubos notificada nos últimos días en diversos puntos da comarca da...

Reunión de confrarías do Cantábrico Noroeste en Foz

A Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo organiza esta semana unha nova...