InicioOccidentalCervoCervo programa actividades para o 25N contra a violencia de xénero

Cervo programa actividades para o 25N contra a violencia de xénero

Publicada o

- Advertisement -

O acto central, en colaboración con Mujeres en igualdad Cervo, terá lugar o luns 25 de novembro, ás 19:00 horas, na Praza Nardo Martínez, en San Cibrao.

Será un acto solidario baixo o título “Unha vela por ti” e a recadación das velas que se merquen alí irá destinada á vivenda tutelada para mulleres vítimas de violencia de Xénero con enfermidade mental, da asociación Saúde Mental A Mariña.

Ademais esa fin de semana, o sábado 23 de novembro, terá lugar un taller gratuíto de fotografía de Luz Negra a cargo de Diana Fajardo, para crianzas e persoas adultas, a inscrición pode facerse xa na Casa da Cultura no 982 59 51 57.

O domingo, 24 de novembro, ás 12:00 horas, na Casa da Cultura, farase o visionado dos traballos do taller e terá lugar a inauguración da mostra “Queremos Ser Libres”, de Diana Fajardo.

ÚLTIMAS

Senadores do PP por Lugo reclaman a convocatoria da mesa de Alcoa

Os senadores lucenses José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, e os...

Os sindicatos do SERGAS denuncian que a consellaría empeorou “unilateralmente” o acordo de redución de xornada

Os sindicatos que conforman a mesa sectorial do SERGAS convocaron esta mañá concentracións nas...

Mariña Patrimonio organiza unha conferencia sobre minaría antiga

Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro luns 16 de decembro unha conferencia na que...

PP da Mariña critica que o ministro Planas “saque peito” das negociacións en Bruxelas

O Partido Popular de A Mariña afea ao ministro de Pesca, Luis Planas, que,...