InicioOccidentalCervoCervo asina convenio de colaboración coa Protectora de Animais Coletiñas

Cervo asina convenio de colaboración coa Protectora de Animais Coletiñas

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa, Dolores García Caramés, e a concelleira de Medio Ambiente, Mali Méndez, mantiveron unha reunión de traballo con Irene García, da Asociación Protectora de Animais Coletiñas, na Casa do Concello, durante a que rubricaron tamén un convenio de colaboración que ratifica o compromiso do Concello de Cervo co benestar animal. Una axunda directa anual que se incrementa este ano en 6.000 euros ata acadar os 18.000 “xa que consideramos que desde Coletiñas fan un labor altruísta fundamental para a comunidade en defensa do dereito animal”.

A rexedora quixo poñer en valor o importantísimo labor que desempeñan as persoas voluntarias da Protectora, a súa entrega desinteresada e a súa dedicación, tanto na atención directa e coidado dos animais, como á hora de divulgar esa mensaxe de concienciación e responsabilidade entre a cidadanía; contribuíndo a unha sociedade máis humana e empática, e a facer un Concello máis seguro e xusto para os animais que viven situacións difíciles.

Entendemos que o apoio económico das institucións –precisou- é importante para que esta protectora poida continuar cos seus labores de rescate, rehabilitación e adopción, reforzando tamén a súa capacidade operativa para garantir que todos os animais teñan acceso á atención que merecen.

ÚLTIMAS

Senadores do PP por Lugo reclaman a convocatoria da mesa de Alcoa

Os senadores lucenses José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, e os...

Os sindicatos do SERGAS denuncian que a consellaría empeorou “unilateralmente” o acordo de redución de xornada

Os sindicatos que conforman a mesa sectorial do SERGAS convocaron esta mañá concentracións nas...

Mariña Patrimonio organiza unha conferencia sobre minaría antiga

Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro luns 16 de decembro unha conferencia na que...

PP da Mariña critica que o ministro Planas “saque peito” das negociacións en Bruxelas

O Partido Popular de A Mariña afea ao ministro de Pesca, Luis Planas, que,...