InicioOccidentalCervoA alcaldesa de Cervo agradece á Xunta pola aposta en FP dual

A alcaldesa de Cervo agradece á Xunta pola aposta en FP dual

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, quixo ter unha palabras de agradecemento á Xunta de Galicia por esa aposta pola formación dual “xa que sin o seu apoio e colaboración sería inviable poder levar adiante estes obradoiros”.

A rexedora felicitou a todo o alumnado do Obradoiro Sendas de Burela, Cervo e Xove, que promoveu o Concello de Cervo, e que neste día recibiron o seu certificado de profesionalidad, poñendo en valor a importancia da colaboración institucional.

Caramés puxo en valor estes talleres e precisou que tivo a oportunidade neste ano de compartir momentos co alumnado, neste caso de Cervo, de conversar con eles e sei que 

lle sacaron un gran proveito a este curso, ampliando coñecementos, e en moitos casos descubrindo un sector como o da xardinería que descoñecían e cara ao que van enfocar agora o seu futuro laboral e intentar buscar emprego, desexándolles moita sorte.

A alcaldesa dirixiuse ao alumnado para felicitalos por todos estes meses nos que ademais de traballar, de aprender, de poñen en práctica os coñecementos adquiridos…e de mellorar moitos dos espazos públicos dos nosos municipios….“fixestes un grupo moi unido, creando ademais un espazo  onde a colaboración, o compañeirismo e o compromiso foron piares fundamentais. E iso nótase en cada parque, cada zona verde e cada espazo público no que deixastes a “marca Obradoiro”, da que todos os veciños no caso de Cervo podemos agora desfrutar”.

Todos os que neste ano formaron parte deste obradoiro deixan agora  unha senda marcada para os que veñen detrás que terán a oportunidade de formarse a partir de agora. Porque xa no mes de decembro volvemos a poñer en marcha un novo  obradoiro, promovido unha vez máis polo Concello de Cervo, o que é unha mostra do compromiso de todos os axentes implicados para mellorar a empregabilidade e as oportunidades laborais da mocidade, que teñen o reto de enfrontarse a un mercado laboral cada vez máis competitivo.

ÚLTIMAS

O Parlamento aproba accións legais se se incumpre o acordo de Alcoa e unha intervención pública, de ser necesaria

A Cámara galega aprobou unha iniciativa cunha batería de cuestións relacionadas coa planta de Alcoa en...

O alcalde de Ribadeo agradece que a Deputación de Lugo arranxe a estrada de Vilela

O alcalde, Dani Vega, agradece que a Deputación de Lugo arranxe a estrada de...

O PP de Trabada e o da Deputación destacan ter o compromiso para arranxar a estrada LU-P-6101

O voceiro do PP de Trabada, José María Fernández, explica que “grazas ao traballo”...

O X Festival de Jazz e Blues de Ribadeo finaliza esta fin de semana

A décima edición do Festival de Jazz e Blues de Ribadeo rematará esta fin...