InicioOccidentalCervoCervo recibe na Casa Consistorial aos dous veciños que participarán no Chatarras...

Cervo recibe na Casa Consistorial aos dous veciños que participarán no Chatarras Raid

Publicada o

- Advertisement -

Hoxe recibimos no Concello ao noso veciño José Ángel Sánchez e ao seu compañeiro Aitor Gómez, que teñen un importante reto por diante nos próximos días, o 𝘊𝐻𝘈𝑇𝘈𝑅𝘙𝐴𝘚 𝘙𝐴𝘐𝐷

A bordo do seu Volkswagen New Beetle do 1999 percorrerán nada máis e nada menos que 3000 quilómetros por Marrocos.

Trátase dunha proba solidaria coa que o Concello de Cervo colabora coa entrega que lle fixeron hoxe en persoa a rexedora, Dolores García Caramés, e os concelleiros, Adrián Arias, e Alfredo Fernández, de material escolar que deberán entregar alí a unha asociación humanitaria.

Partirán o xoves 31 destino a Tánger onde arrinca a proba e completarán o reto o día 6, con meta en Marrakech.

Desde o Concello desexámoslles moitísima sorte nesta especie de París Dakar solidaria na que participarán uns 250 turismos, con un mínimo de 15 ou 20 anos –segundo o vehículo- de antigüidade

ÚLTIMAS

Pastor Fábrega Álvarez: “O castro de Cabo Burela pode dar moitas sorpresas por estar moi ben conservado”

  Esta é a primeira prospección arqueolóxica que se realiza no Cabo de Burela? Si, é...

María José Barreira, PSOE do Valadouro: “a resposta de por que o concello non cumpre con Facenda é botar balóns fóra”

— Cal é o motivo polo cal o Concello do Valadouro é considerado como...

O novo libro dos Bolechas dedicado á multiculturalidade de Burela

O Concello de Burela presentou este venres na Praza da Mariña o libro Os...

Morre un home en Foz por un incendio nunha vivenda da localidade

Unha persoa perdeu a vida este xoves tras producirse un incendio nunha vivenda situada...