InicioOccidentalCervoBandeira Verde de Galicia para Cervo

Bandeira Verde de Galicia para Cervo

Publicada o

- Advertisement -

As medidas en materia de eficiencia enerxética, a plantación de árbores autóctonas ou o  control ecolóxico de especies invasoras son algunhas das accións que contribuíron a que nos fose outorgado este distintivo 

A alcaldesa, Dolores García Caramés, recolleu da man da conselleira de Medio Ambiente este galardón en Laracha co que a Xunta de Galicia premia aos municipios que destacan neste eido 

O Concello de Cervo vén de recibir a Bandeira Verde de Galicia polo seu labor en prol da protección do Medio Ambiente e o impulso de diferentes iniciativas que fomentan a sustentabilidade.

A alcaldesa, Dolores García Caramés, desprazouse esta mañá ata Laracha, para recoller o distintivo, da man da conselleira de Medio Ambiente, Ánxeles Vázquez; un galardón co que a Xunta de Galicia premia e recoñece o esforzo e a implicación dos concellos galegos e da súa veciñanza, na protección dos elementos máis representativos da comunidade: a paisaxe e o patrimonio natural.

A rexedora agradeceu o recoñecemento “un logro que non é só un símbolo, senón un compromiso renovado para seguir a traballar neste eido”, apostando polas accións de sensibilización e buscando a implicación e a colaboración sempre da veciñanza. 

Este premio é un recoñecemento para todos/as” –precisou- xuntos seguiremos traballando  para reducir a pegada ecolóxica e asegurar un futuro máis saudable para  as vindeiras xeracións. Non é un logro individual, senón o reflexo dun esforzo colectivo no que seguiremos afondando gracias á resposta que está a ter sempre a veciñanza de Cervo.

Entre as medidas que contribuíron a que nos fose outorgado este distintivo –explica- foron diferentes accións en materia de eficiencia enerxética, a estratexia de reforestación con árbores autóctonas ou a aposta por promover a compostaxe doméstica, entre outras.

ÚLTIMAS

Alcoa di que achegará 120 millóns mentres o persoal pide seguridade nos postos de traballo

O comité de Alcoa San Cibrao informa de que a compañía lles trasladou que...

Foz elixe esta fin de semana o rei ou raíña do Entroido

Esta fin de semana o concello de Foz está cargado de actividade, con teatro...

As Festas de San Roque xa teñen comisión

O Concello de Viveiro celebra que unha comisión se encargue da organización das festas...

A Biblioteca Viejo Pancho de Ribadeo galardoada no concurso María Moliner

A Biblioteca Municipal El Viejo Pancho, de Ribadeo, resultou galardoada no Concurso de Proxectos...