InicioOccidentalCervoCervo abre o prazo para solicitar axudas para transporte escolar a alumnos...

Cervo abre o prazo para solicitar axudas para transporte escolar a alumnos que estudan fóra do concello

O prazo para facelo remata o 25 de outubro incluído

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo vén de abrir o prazo para solicitar a axuda ao transporte escolar para o alumnado que cursa estudos fóra do termo municipal sempre que se trate de formación ou titulacións que non se impartan en ningún centro do concello.

A administración local mobilizou unha partida de 12.000 euros e cada alumno que resulte beneficiario da axuda recibirá 150 ou 200 euros, en función da renda familiar.

Os estudantes, que deben ser menores de 30 anos, terán que cumprir os requisitos establecidos nas bases, dispoñibles na Casa da Cultura, na Casa do Concello e na sede electrónica da web municipal, e presentar a documentación requirida no Rexistro Xeral do Concello. O prazo para facelo remata o 25 de outubro –incluído-.

Tal e como sinala a rexedora, Dolores García Caramés, trátase dunha subvención financiada ao 100% con fondos municipais co obxectivo de “axudar ás familias na carga económica significativa que pode supoñer o transporte dos seus fillos, contribuíndo a que exista igualdade de oportunidades na educación”. Neste senso –precisou- que o noso compromiso é garantir que a mobilidade non sexa un privilexio, senón un dereito accesible para todos/as, neste caso na etapa educativa.

O/a solicitante ten que cursar algunha destas titulacións: Ensinanzas universitarias, estudos musicais en conservatorios e escolas de música, Bacharelato (nalgunha das modalidades que non se imparten no Concello de Cervo) ou ciclo medio ou superior de Formación Profesional.

Documentación

En canto á documentación a presentar, deberase entregar no Rexistro do Concello fotocopia do DNI de todos os membros da unidade familiar maiores de idade, fotocopia do libro de familia, autorización de todos os membros computables para obter información das diferentes administracións, copia cotexada do boletín de cualificacións ou certificación expedida polo centro educativo no curso 2023-2024 e, en caso de discapacidade ou dependencia, certificado emitido polo organismo oficial correspondente.

Aquelas persoas que desexen máis información ao respecto poden achegarse ás oficinas municipais ou consultar o Boletín Oficial da Provincia, deste luns 7 de outubro.

ÚLTIMAS

Desconto do 80% na factura da luz para 500 familias que viven arredor do parque eólico de Mondigo

Unhas 500 familias nun radio de dous quilómetros ao redor do parque eólico de...

A ampliación do Hospital da Mariña avanza con 33,5 millóns e máis espazo en urxencias, UCI e consultas

O Hospital Público da Mariña continuará coa súa ampliación a través das fases 2...

Ribadeo contará cun novo solo residencial para 300 vivendas, a maioría protexidas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a delimitación dun novo ámbito...

José Leal: “O Cantábrico galego estaba moi esquecido na historiografía galega, por iso quixen escribir sobre el”

-Por que escribiches este traballo sobre a pesca no Cantábrico de Lugo? Sobe o Cantábrico...