InicioOccidentalCervoCervo recibe o Diploma de Ouro por librar as praias de fume

Cervo recibe o Diploma de Ouro por librar as praias de fume

"Apostando por areais sen fume, non só coidamos da nosa saúde –declarou a alcaldesa Dolores García Caramés- senón que tamén contribuímos á preservación da nosa contorna natural e ao coidado da nosa fauna mariña"

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo vén de ser recoñecido co diploma de ouro no marco do programa autonómico Praias Sen Fume, que leva a cabo a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, nun acto que tivo lugar na Praia da Magdalena, no concello coruñés de Cabanas.

A rexedora, Dolores García Caramés, recolleu a insignia da man do conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez; un recoñecemento que Cervo comparte con outros 45 concellos galegos baixo o requisito de que todos os areais formen parte desta rede e sexan espazos libres de fume.

A alcaldesa recordou que un dos obxectivos desta iniciativa, que naceu no ano 2016 cun fin educativo e de sensibilización social, “pasa porque as crianzas e a nosa mocidade saiba que o normal é non fumar”, as praias son un espazo compartido por todos, desde os máis pequenos ata os nosos maiores, “e con esta medida de librar as nosas praias de fume avanzamos no noso compromiso coa saúde pública e a protección do medio ambiente”, engadiu.

A presenza de cabichas e de fume afectan á calidade da nosa contorna  e á experiencia de quen busca un lugar limpo e saudable, polo que apostamos firmemente por asegurar que a nosa costa sexa un espazo  máis seguro e sostible, apuntou.

Apostando por areais sen fume, non só coidamos da nosa saúde –afondou a alcaldesa- senón que tamén contribuímos á preservación da nosa contorna natural e ao coidado da nosa fauna mariña.

Nas praias que forman parte da rede sen fume –O Torno, A Caosa, Cubelas e Rueta, no noso caso- non existe vixilancia como tal, nin sanción para o incumprimento por parte dos cidadáns, senón que se trata dunha elección voluntaria e persoal, o que buscamos  é a “participación activa da sociedade para converter as nosas praias nun exemplo de convivencia, respecto e conciencia medioambiental, nese obxectivo de normalizar o feito de non fumar”.

ÚLTIMAS

O comité de Alcoa pide de novo a convocatoria da mesa de seguimento

O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao pediu por segunda vez unha...

Terceira limpeza nas parroquias de Ribadeo

Ribadeo aposta polas parroquias e acomete nelas a terceira limpeza. O alcalde, Dani Vega,...

Viveiro envía máis de 3.000 notificacións para garantir a prevención de incendios nas parcelas

Co obxectivo de conservar o solo e a biomasa vexetal nunhas condicións que permitan...

Inauguración e peche da primeira etapa da 12ª Marcha Ciclista Unificada

A Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas e Alcaldesa de Burela,...