InicioOccidentalCervoA parroquia de Cervo celebra a Festa da Virxe das Dores a...

A parroquia de Cervo celebra a Festa da Virxe das Dores a vindeira fin de semana

Publicada o

- Advertisement -

A parroquia de Cervo celebrará a Festa na Honra da Virxe das Dores a vindeira fin de semana. A cita, organizada pola asociación Virxe das Dolores, coa colaboración do Concello, foi presentada pola tenente de alcaldesa, Mali Méndez, polo edil de Zona Rural, Adrián Arias, e polo membro da comisión de Festas, Francisco Casas.

A antesala dos festexos, será ese mesmo venres, coa ruta Venres de Petiscos nos lociais A Sacabeira, O Almacén, O Caseto de Copa e A Taberna de Sargadelos.

Xa o sábado 21 arrincará a festa propiamente dita cunha sesión vermú ás 14:00 horas a cargo de Louband Street Band, que repetirá pola noite na verbena a partidas das 22:30 horas, seguida de Disco Móbil Conxuro.

Xa o domingo 22 haberá pasarrúas a cargo de Fol do Raxal, e misa solemne ás 13:00 horas cantada polo Coro de Cervo seguida da procesión acompañada polo grupo Fol do Raxal; a continuación será a sesión vermú prolongada da man de Disco Móbil Conxuro.

O Concello de Cervo convida a veciños e visitantes a desfrutar activamente destas Festas, que despiden o verán para dar entrada á nova estación de outono “coa alegría e o espírito de convivencia que sempre caracteriza a estes festexos organizados pola asociación Virxe das Dolores”

ÚLTIMAS

Senadores do PP por Lugo reclaman a convocatoria da mesa de Alcoa

Os senadores lucenses José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, e os...

Os sindicatos do SERGAS denuncian que a consellaría empeorou “unilateralmente” o acordo de redución de xornada

Os sindicatos que conforman a mesa sectorial do SERGAS convocaron esta mañá concentracións nas...

Mariña Patrimonio organiza unha conferencia sobre minaría antiga

Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro luns 16 de decembro unha conferencia na que...

PP da Mariña critica que o ministro Planas “saque peito” das negociacións en Bruxelas

O Partido Popular de A Mariña afea ao ministro de Pesca, Luis Planas, que,...