InicioOccidentalCervoVolve a Ruta Venres de Petiscos a Cervo

Volve a Ruta Venres de Petiscos a Cervo

As tapas serviranse a un prezo de 2,50 euros e haberá un sorteo mensual dunha cea en cada local, entre as papeletas seladas cada semana nos catro establecementos

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo anima a veciños e visitantes a participar na proposta culinaria da hostalería de Cervo e Sargadelos que volve mañá baixo o título Ruta Venres de Petiscos, coa participación do Caseto de Copa, a Pousada O Almacén, a Taberna de Sargadelos e o café-bar cultura A Sacabeira.

A nova edición foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, e polos representantes dos establecementos participantes, Elsa Fernández, Tomás Mariño, Jessica Carrasco e Bruno González, respectivamente; na Casa do Concello esta mañá.

As tapas serviranse a un prezo de 2,50 euros e haberá un sorteo mensual dunha cea en cada local, entre as papeletas seladas cada semana nos catro establecementos.

Para este primeiro venres as propostas son as seguintes:

  • Caseto de Copa, Risotto ai funghi
  • Pousada O Almacén, Salpicón de bonito
  • A Taberna de Sargadelos, Guiso Celta
  • Café Bar Cultural A Sacabeira, Torrada de guacamole e boqueróns

As persoas interesadas en recibir información semanal, poden seguir as redes do Concello e tamén a páxina de facebook oficial do tapeo “Ruta de Petiscos Cervo-Sargadelos”.

https://www.facebook.com/profile.php?id=61556069280705

ÚLTIMAS

Alcoa di que achegará 120 millóns mentres o persoal pide seguridade nos postos de traballo

O comité de Alcoa San Cibrao informa de que a compañía lles trasladou que...

Foz elixe esta fin de semana o rei ou raíña do Entroido

Esta fin de semana o concello de Foz está cargado de actividade, con teatro...

As Festas de San Roque xa teñen comisión

O Concello de Viveiro celebra que unha comisión se encargue da organización das festas...

A Biblioteca Viejo Pancho de Ribadeo galardoada no concurso María Moliner

A Biblioteca Municipal El Viejo Pancho, de Ribadeo, resultou galardoada no Concurso de Proxectos...