InicioOccidentalCervoA alcaldesa de Cervo agradece que o municipio sexa un dos que...

A alcaldesa de Cervo agradece que o municipio sexa un dos que integran o programa PACES

A alcaldesa García Caramés sinalou que o PACES de Cervo está articulado sobre varios piares co obxectivo de amortecer os efectos do cambio climático e promover a sustentabilidade. Entre eles está o Plan Integral de Reforestación con árbores autótonas

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, agradeceu á conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, por elixir Cervo como primeiro concello ao que visitar dentro dos que están a executar o PACES (Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sustentables).

A alcaldesa García Caramés sinalou que o PACES de Cervo está articulado sobre varios piares co obxectivo de amortecer os efectos do cambio climático e promover a sustentabilidade. Entre eles está o Plan Integral de Reforestación con árbores autótonas. En Cervo hai máis de 15 anos comezaron a repoboar fincas municipais e comunais con árbores do país. Plantáronse máis de 15.000 exemplares en máis de 25 hectáreas de monte.


En concreto, na finca das Quintas, de 16.000 m2 (1,6 Hectáreas), obxecto da visita da conselleira, o que se fixo foi unha actuación progresiva que se iniciou hai uns 8 anos. É unha zona de continuidade do bosque de galería na contorna dunha depuradora ecolóxica.


A alcaldesa tamén destacou que nesta finca o control das especies invasoras como as acacias. Fixéronse labores de descortizamento por medios manuais “xa que representan unha ameaza para a biodiversidade e a paisaxe”. Este control ecolóxico tamén se fai de xeito intensivo no Conxunto Histórico de Sargadelos onde tamén proliferan as acacias dada a súa gran capacidade de adaptación ás condición climáticas que fai que está especie estea actualmente descontrolada.



ÚLTIMAS

A caída dunha póla causa feridas a un operario no Valadouro na mañá deste mércores

Un operario resultou ferido na mañá deste mércores na localidade lucense do Valadouro tras...

Familiares de usuarios piden reunirse co alcalde de Foz para solucionar a situación da residencia

A Plataforma de afectados pola subida abusiva de tarifas da Residencia e Centro de...

O Concello de Viveiro reclama á Xunta unha reunión para desbloquear proxectos importantes na vila

O Concello de Viveiro reclama á Xunta de Galicia que atenda as súas peticións...

Barreiros e ANPAS presentan a oferta de actividades deportivas e extraescolares

O Concello de Barreiros e as ANPAS dos CEIP dos colexios de San Cosme...