InicioOccidentalCervoCervo finaliza por este verán os programas "Cervo a carón do Voluntariado...

Cervo finaliza por este verán os programas “Cervo a carón do Voluntariado VII”

As iniciativas de acción voluntaria, tal e como apuntou a alcaldesa, Dolores García Caramés, tiveron unha gran resposta entre a mocidade do Concello

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo puxo en marcha de novo este verán os programas “Cervo a carón do voluntariado VII” -dirixido á mocidade de entre 16 e 30 anos- e Voluntariado Miúdo IV–dirixido á mocidade de entre 12 e 15 anos-.

As iniciativas de acción voluntaria, tal e como apuntou a alcaldesa, Dolores García Caramés, tiveron unha gran resposta entre a mocidade do Concello. Así, foron 11 as rapazas que se sumaron a este proxecto amosando o seu compromiso activo coa sociedade a través do desenvolvemento cultural e social.

A alcaldesa, mantivo un encontro con elas ao remate da súa xornada en Cervo Concilia, o programa referente de conciliación do Concello, no que participan máis de 150 crianzas, e que se prolongará ata o 10 de setembro, facendo coincidir a súa clausura co inicio do curso escolar, para cubrir así por completo a franxa de descanso estival das crianzas.

Na reunión, a rexedora quixo felicitar a todas as voluntarias pola súa implicación “dedicando o seu tempo, a súa enerxía e o seu entusiasmo sen agardar nada a cambio”, o seu traballo foi fundamental tanto no Cervo Concilia, como nas Noites Alternativas de Verán, nas que tamén colaboraron activamente, “levando consigo a satisfacción de axudar dando o mellor de si mesmos, ao tempo que pasaron un verán entretido e entre amigos”.

ÚLTIMAS

A caída dunha póla causa feridas a un operario no Valadouro na mañá deste mércores

Un operario resultou ferido na mañá deste mércores na localidade lucense do Valadouro tras...

Familiares de usuarios piden reunirse co alcalde de Foz para solucionar a situación da residencia

A Plataforma de afectados pola subida abusiva de tarifas da Residencia e Centro de...

O Concello de Viveiro reclama á Xunta unha reunión para desbloquear proxectos importantes na vila

O Concello de Viveiro reclama á Xunta de Galicia que atenda as súas peticións...

Barreiros e ANPAS presentan a oferta de actividades deportivas e extraescolares

O Concello de Barreiros e as ANPAS dos CEIP dos colexios de San Cosme...