A Xunta licitou as obras de contrucción dun novo punto de encontro familiar da Mariña, no concello de Cervo.
Así, o Executivo autonómico destinará máis de 150.000 euros á creación do que será o segundo recurso deste tipo na provincia, a sumarse ao que está en funcionamento en Lugo capital.
Pola súa céntrica situación, explicou a Xunta nun comunicado, dará cobertura a toda a comarca, desde O Vicedo ata Ribadeo, así como ás familias doutros concellos próximos que poidan requirir a utilización deste recurso.
Desta forma, estará situado no edificio da antiga sede consistorial, cedido polo Concello de Cervo á Xunta, no que realizarán obras de remodelación para dotar ao inmoble de tres salgas de visitas e intercambio, despachos para entrevistas, baños adaptados e almacén, entre outras estancias.