InicioOccidentalCervoO Comité de empresa de Alcoa San Cibrao volve solicitar reunirse con...

O Comité de empresa de Alcoa San Cibrao volve solicitar reunirse con Rueda

Quéixanse de que esta reunión xa se solicitou o 18 de xuño, "á cal non houbo resposta"

Publicada o

- Advertisement -

O comité de empresa da factoría de Alcoa San Cibrao, en Cervo, volve denunciar “deixamento e abandono” por parte da Xunta sobre o futuro da planta e volve solicitar unha reunión co presidente galego, Alfonso Rueda.

Nun comunicado asinado polo presidente, José Antonio Zan, o comité de empresa pide este encontro para “coñecer a situación actual” da aprobación da balsa de lodos (DBR) e dos parques eólicos que fornecerán enerxía ás instalacioines, así como para “solicitar a urxencia destes permisos”, porque diso depende “a continuidade” da planta.

Neste contexto, a representación dos traballadores de Alcoa quéixanse de que esta reunión xa se solicitou o 18 de xuño, “á cal non houbo resposta”, e volveuse a pedir o 27 dese mesmo mes.

“A día de hoxe seguimos sen ter esa reunión, o que nos parece un deixamento e abandono por parte da Xunta de Galicia en temas de vital importancia para o futuro do complexo industrial e da comarca da Mariña”, conclúe o comunicado.

O comité espera ter pronto ese encontro nas súas instalacións que pide non só con Rueda, senón tamén coa conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, e a de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, así como co director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández, e a de Enerxías Renovables e Cambio Climático, Paula Uría.

ÚLTIMAS

Operativo nas Catedrais: buscan dúas persoas que poden estar atrapadas nunhas rochas

Os servizos de emerxencias manteñen activo un operativo para buscar a dúas persoas que...

10.000 abonos do Resurrection Fest á venda este xoves 10 de setembro a partir das 12:00

O Resurrection Fest Estrela Galicia saca á venda este xoves, 10 de setembro (a...

O sector pesqueiro reclama a Bruxela levantar o veto sobre o palangre “pedra-bola”

CEPESCA, Europêche e OPP Burela reclamaron este mércores no Parlamento Europeo unha modificación urxente...

PP de Lugo acusa ao Goberno de “esconder o seu incumprimento” coa autovía da Mariña

O senador do PP pola provincia de Lugo José Manuel Balseiro acusou ao Goberno...