InicioOccidentalCervoPistas de atletismo da Veiga acollerá o I Desafío Concello de Cervo

Pistas de atletismo da Veiga acollerá o I Desafío Concello de Cervo

Publicada o

- Advertisement -

As pistas de atletismo da Veiga serán o escenario do I Desafío Concello de Cervo o próximo mércores, 14 de agosto.

A cita foi presentada pola alcaldesa, Dolores García Caramés, polo Xefe Provincial de Deportes da Xunta, Manuel Cadramón, e polo Delegado responsable da Federación Galega de Atletismo, Pablo Gandoy nas propias instalacións que acollerán unha proba na que se darán cita tres atletas olímpicos, que chegan directos de París: Adrián Ben, Óscar Husillos e Iñaki Cañal.

As inscricións son de balde e realizaranse a través da web https://sdp.rfea.es/ ata este venres 9 de agosto ás 22:00 horas. Pode participar calquera atleta federado; e nas probas de elite só poderán participar aqueles con licenza nacional en vigor.

A alcaldesa amosou a súa ledicia por poder ser Cervo o escenario desta competición que reunirá a estes cracks do atletismo nunha proba na que as expectativas son elevadas, dado que se marcan o obxectivo de incluso chegar a bater marcas de récord de España.

A alcaldesa quixo tamén agradecer o interese da federación por seguir a darlle pulo ás pistas que temos en Cervo, atraendo competicións deste nivel, e tamén aos atletas Ben, Husillos e Cañal, que practicamente chegan directos de París para compartir o seu talento con todo o público e atletas que se dean cita neste Desafío único.

ÚLTIMAS

Operativo nas Catedrais: buscan dúas persoas que poden estar atrapadas nunhas rochas

Os servizos de emerxencias manteñen activo un operativo para buscar a dúas persoas que...

10.000 abonos do Resurrection Fest á venda este xoves 10 de setembro a partir das 12:00

O Resurrection Fest Estrela Galicia saca á venda este xoves, 10 de setembro (a...

O sector pesqueiro reclama a Bruxela levantar o veto sobre o palangre “pedra-bola”

CEPESCA, Europêche e OPP Burela reclamaron este mércores no Parlamento Europeo unha modificación urxente...

PP de Lugo acusa ao Goberno de “esconder o seu incumprimento” coa autovía da Mariña

O senador do PP pola provincia de Lugo José Manuel Balseiro acusou ao Goberno...