InicioOccidentalCervoDenuncian que Alcoa busca cambios nos salarios sen negociar cos traballadores

Denuncian que Alcoa busca cambios nos salarios sen negociar cos traballadores

Publicada o

- Advertisement -

O comité de Alcoa San Cibrao denuncia que a compañía busca un “cambio substancial” nas remuneracións dos traballadores “sen negocialo”, “me mala fe como é costume”.

Nun comunicado, explica como a empresa halles traslado que prevé facer “un cambio substancial das condicións de traballo de carácter colectivo”. Os traballadores identifican cunha “falta de respecto e unha actuación de mala fe por parte da compañía que se inicie o período de negociación en plena tempada vacacional, xa que isto non entraría en vigor ata o mes de marzo de 2025”.

Ademais, quéixanse de que responsables do departamento de recursos humanos non acudiron a reunións pese ser convocadas. Así, advirten de que vai haber unha actualización salarial que “non vai ser unha cantidade igual para todos como viña facendo desde o ano 2018, senón que vai ser segundo os méritos desempeñados como se facía antes do ano 2018”.

A compañía enviará un orzamento para cada planta e, en función diso, irase asignando unha cantidade segundo mérito de desempeño, explica o comité. Trasládanlles que “é algo que vén implantado a nivel mundial desde Pittsburgh, aínda que o seu abono será segundo os obxectivos de cada país e o seu mercado”.

E é que critican que a empresa queira facer subxectiva a parte variable dos soldos. Alcoa citou ao comité para o 16 de agosto para a primeira reunión do período de negociación.

Ademais, o comité convoca asemblea para o 19 de agosto, 15,00 horas, diante do local do comité no complexo de San Cibrao, municipio Cervo.

ÚLTIMAS

Rueda acusa a Pontón de criminalizar a Alfonso Villares: “Mandou a tomar vento a súa presunción de inocencia”

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reprochou á portavoz nacional do BNG, Ana Pontón,...

ACISA Ribadeo galardoada co premio Nacional de Comercio Interior polo Ministerio de Economía

Acisa Ribadeo foi galardoada co Premio Nacional de Comercio Interior na categoría de Centros...

A Área de Servizos Sociais de Barreiros leva adiante un curso de formación para a inserción laboral

A área de Servizos Sociais do Concello de Barreiros, dirixida pola tenente de alcaldesa...

Campus Mareo Itinerante do Sporting de Gijón en Ribadeo para o 22 de xuño

Ribadeo acollerá do 22 ao 27 de xuño o Campus Mareo Itinerante do Sporting...