InicioOccidentalCervoCervo abrirá a XVII Festa do Ovo Frito o 14 de agosto

Cervo abrirá a XVII Festa do Ovo Frito o 14 de agosto

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo será o escenario da XVII Festa do Ovo Frito o mércores 14 de agosto. A cita está organizada por Airiños do Xunco e Cabaleiros da Bidueira, coa colaboración do Concello, e foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, a concelleira Mali Méndez, o edil Alfredo Fernández, e unha representación destas dúas asociacións que se encargarán da tradicional cita do verán cervense que cada ano reúne a milleiros de persoas que se achegan ata as inmediacións da Praza do Souto para degustar este manxar.

Desde a organización precisan que se comezarán a servir as racións de ovos, patacas, chourizo, pan e bebida a partir das 20:00 horas, a un prezo de 7 euros.

A cita estará amenizara pola Charanga Europa e pola Disco Móbil Conxuro e teñen previstos 8000 ovos e 4000 chourizos que se prepararán en vivo e en directo. O Concello anima a veciños e visitantes a gozar desta Festa tan popular do verán de Cervo e da contorna.

ÚLTIMAS

Ramiro Fernández: “Burela é un punto privilexiado para a observación ornitolóxica”

+ -Por que Burela decidiu apostar por novas vías turísticas na vila como, por exemplo,...

Trabada inicia as obras do circuíto pump track no seu complexo deportivo

O Concello de Trabada vén de iniciar esta semana as obras de construción dun...

O Concello de Foz anuncia aglomerado no vial das Torres esta semana

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, explica que o novo vial das Torres vaise...

‘Os Bolechas no Ribadeo Indiano’ abre a participación dos máis pequenos nesta celebración

Os Bolechas no Ribadeo Indiano é o título do libro presentado esta tarde no...