InicioOccidentalCervoCalusurada a primeira edición de Arruguiñas en Cervo

Calusurada a primeira edición de Arruguiñas en Cervo

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo clausura a primeira edición de Arruguiñas, un programa integral de envellecemento activo, cualificando este encontro de éxito de participación nas diferentes actividades propostas.

Talleres de memoria, talleres terapéuticos, os programas Charlando, Móvete e Actívate, e Guateques itinerantes polas diferentes parroquias para contribuír a dinamizar o día a día e fomentar a socialización da veciñanza na etapa de madurez.

Máis de 100 persoas se beneficiaron desta “iniciativa transversal pensada para este nicho de poboación maior de 60 anos co obxectivo de contribuír a que se manteñan activos e activas social, físico e mentalmente”, apuntou a alcaldesa.

Foi un programa que configuramos con moito mimo para poder ofrecerlle aos nosos veciños e veciñas todas as ferramentas e os recursos posibles –engadiu- “para mellorar o seu desenvolvemento persoal durante esta etapa da vida, motivándoos a permanecer activos e recordándolle o papel fundamental que desempeñan no noso municipio”.

A alcaldesa quixo agradecer a implicación de todos os participantes, e tamén a colaboración dos diferentes colectivos, traballadores e persoas voluntarias, cuxo papel foi fundamental para que Arruguiñas funcionase así de ben!!

 Saúde Mental A Mariña, Xubilados Terramar, Icía, e moitas máis persoas e asociacións veciñais que tamén foron fundamentais para poder levar os guateques itinerantes ás diferentes parroquias.

ÚLTIMAS

Os sanitarios do Hospital da Costa realizarán accións até seren atendidas as súas demandas

A Xunta de Persoal do Hospital da Costa convocou unha xuntanza este martes para...

Sargadelos ten de prazo ata despois do verán para mellorar a seguridade laboral

A dirección de Sargadelos ten ata despois do verán para mellorar a seguridade na...

A concelleira de Facenda de Foz denuncia a “demagoxia” do PP coas facturas

A concelleira de Facenda e voceira do goberno municipal de Foz, Inés López Couto,...

Piden catro anos de prisión por presunta estafa a un home “en situación de vulnerabilidade”

Unha muller de orixe portuguesa enfróntase a catro anos de prisión por, presuntamente, estafar...