InicioOccidentalCervoCarlos López, Biathle: "A idea é fomentar que os máis novos sintan...

Carlos López, Biathle: “A idea é fomentar que os máis novos sintan atracción polo pentathlon”

O Concello de Cervo por segundo ano consecutivo, o campionato de España Biathle – Triathle. Un evento organizado polo club Penta Lugo en colaboración coa Federación Española de Pentatlón Moderno e do Concello de Cervo. Falamos brevemente con Carlos López, membro da organización do evento deportivo que ademais está aberto a un abano moi amplo de participantes no referente ás idades. Ademais de fomentar o deporte e en concreto estas dúas disciplinas, tamén se busca unha maneira de fomentar o deporte entre os máis novos.

Publicada o

- Advertisement -

-Por que se escolleu San Cibrao para levar adiante estas probas de Biatle-Triathle?

Xa se realizaron o ano pasado en San Cibrao e parece ser que o lugar lles pareceu idóneo para celebrar estes encontros. Fixemos a solicitude para sermos de novo o lugar de celebración e foinos concedido.

-En que consisten as probras deste encontro?

En Biathle corren, entran a nadar, saen e volver correr. En Triathle inclúese o tiro con pistola de luz, nadan e logo corren e volven tirar. Dependendo da idade, as distancias son maiores ou menores.

-Que esixencias debe cumprir unha persoa para participar nestas probas?

Sobre ese punto durante este verán faremos algunha demostración relacionada con este deporte, algo que xa falamos coa Concellaría de Deportes. Logo a esixencia para participar é ter unha licenza federativa.

-Polo que se ve non hai límites de idade moi restritivos, máis ben son amplos.

Non hai límites de idade. De feito nesta competición participan desde nenos de 9 anos, é a idade para comezar a competir. A persoa de maior idade que participa debe ter 65 anos, porque temos moita xente apuntada de máis de corenta anos.

-Que premios recibirán as persoas que cheguen aos primeiros postos?

Os tres primeiros en cada categoría recibirán a súa medalla correspondente e saen co título de campión, subcampión e terceiro de España neste deporte.

-Como se vai creando a rede de probas en todo o Estado até chegar a este campionato de España?

Hai un ranking nacional normalmente formado por catro delegacións que son Galicia, Cataluña, Baleares, Cantabria ou Asturias. Cada unha destas delegacións crean as súas competicións e logo envían os participantes segundo a clasificación no seu ranking.

-Que aspectos tanto físicos como sociais axudan a fomentar estas probas deportivas?

Son tres disciplinas que saíron do pentatlon moderno que inclúe estas tres máis outras dúas disciplinas: carreira, natación, tiro con pistola, esgrima e salto ecuestre. A dificultade que supuñan estas cinco probas para mozos e mozas fixo idear estas probas de biathle e triathle que son promocionais, moito máis simples de traballar. A idea é fomentar que os máis novos sintan atracción polo pentathlon.

ÚLTIMAS

Mario Pillado: “Os que temos obrigas públicas debemos combater o discurso do odio”

-Cal foi a orixe destes premios contra a discriminación racial desde o Concello de...

Sanidade asinará un protocolo para ampliar o centro de saúde de Foz

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, mantivo este pasado martes unha reunión de traballo...

Acusan de “transfondo político” as concentracións diante do Hospital de Burela

A dirección do Distrito Sanitario da Mariña asegura que, coa súa petición realizada o...

Constitúen a Comisión de Comercio de ACISA Ribadeo

En Acisa Ribadeo quedou constituída a comisión de comercio, que terá como obxectivos analizar...