InicioEconomíaOs traballadores de Alcoa néganse a renegociar coa empresa e piden a...

Os traballadores de Alcoa néganse a renegociar coa empresa e piden a supervisión de Xunta e Goberno se hai venda

Recuperan ademais unha reclamación recorrente, que é a de reclamar ás administracións un prezo da enerxía máis competitivo "que garanta a viabilidade do complexo".

Publicada o

- Advertisement -

O comité de empresa de Alcoa reuniuse cos traballadores da empresa este martes para trasladarlles as decisións acordadas na última xunta, entre as que están “non renegociar” coa empresa e esixir a supervisión da Xunta e o Goberno central en caso de venda. Máis concretamente e segundo explicou o presidente do comité, José Antonio Zan, ademais de refugar a posibilidade de renegociar o plan de viabilidade, esixen que a SEPI (por parte do Executivo estatal) e o Igape (por parte da Xunta) estean presentes na negociación dunha posible venda.

Recuperan ademais unha reclamación recorrente, que é a de reclamar ás administracións un prezo da enerxía máis competitivo “que garanta a viabilidade do complexo”. Ademais, solicitan reunións co presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, coa directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, Paula Uría; e co secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, para recibir informarción sobre o encoro de lodos e os parques eólicos da Xunta.

Tamén desexan reunirse co secretario xeral do PSdeG, José Ramón Besteiro, e coa socialista Patricia Otero para que lles informen dos parques de transición ecolóxica que “seguen sen aprobarse”. Por último, piden reunirse coas asesorías xurídicas da Xunta e o Goberno para traballar xunto ao comité de empresa e os sindicatos sobre “posibles delitos de estafa, sabotaxe, alzamento de bens e ruptura da paz social ao romper o convenio e os acordos asinados”.

ÚLTIMAS

Ramiro Fernández: “Burela é un punto privilexiado para a observación ornitolóxica”

+ -Por que Burela decidiu apostar por novas vías turísticas na vila como, por exemplo,...

Trabada inicia as obras do circuíto pump track no seu complexo deportivo

O Concello de Trabada vén de iniciar esta semana as obras de construción dun...

O Concello de Foz anuncia aglomerado no vial das Torres esta semana

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, explica que o novo vial das Torres vaise...

‘Os Bolechas no Ribadeo Indiano’ abre a participación dos máis pequenos nesta celebración

Os Bolechas no Ribadeo Indiano é o título do libro presentado esta tarde no...