InicioOccidentalCervoCervo programa unha nova edición de "Cervo Concilia"

Cervo programa unha nova edición de “Cervo Concilia”

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo programa para este verán unha nova edición do programa “Cervo Concilia”, que arrincará o luns 24 de xuño.

Este programa, que está dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, componse dun completo calendario de actividades educativas e lúdicas pensadas para entreter ás crianzas neste tempo de lecer, sen deixar de lado a aprendizaxe e incidindo especialmente no concepto da conciliación das familias.

Estenderase durante todo o período de vacacións escolares, en horario de 8:30 a 14:30 horas.

As inscricións están a disposición das familias na Casa da Cultura de San Ciprián e na Casa do Concello. O prazo para anotarse remata o 20 de xuño.

Tal e como apunta a rexedora, Dolores García Caramés: “cremos que este programa, que está máis que consolidado xa no noso Concello, supón un apoio moi grande ás familias, axudando tanto a pais como a nais a conciliar a vida familiar e laboral nestas datas nas que moitas veces non é nada doado. Ademais, dotamos ás crianzas dunha gran variedade de actividades multidisciplinares nas que poder entreterse e aprender, ao mesmo tempo”.

ÚLTIMAS

Rafael Blas: “Esta é unha homenaxe ao porco, ás persoas que criaron porcos e tamén ao matachín”

-Por que se decidiu celebrar este Día de Exaltación á Carne de Porco? Esta é...

Excarceradas dúas persoas tras un choque entre unha furgoneta e un coche na N-642 en Cervo

Dúas persoas tiveron que ser excarceradas tras unha colisión entre unha furgoneta e un...

Barreiros ultima os traballos de mellora do Santo Estevo do Ermo

A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, e o concelleiro de medio ambiente, Dámaso Ratoeira,...

Viveiro informará das zonas habilitadas para acampar durante o Resurrection Fest

O Concello de Viveiro informa que, con motivo da celebración do Resurrection Fest, que...