InicioOccidentalCervoCervo será o escenario da XVII Monografía Rexional de Galicia sobre o...

Cervo será o escenario da XVII Monografía Rexional de Galicia sobre o Bóxer

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo acollerá a vindeira fin de semana a XVII Monográfica Rexional de Galicia de Boxer.

A cita foi presentada pola alcaldesa, Dolores García Caramés, e polo delegado de Boxer Club España en Galicia, Iván García, acompañado por un dos seus cans de raza Boxer, Faragulla de Ibiltaria (de case nove anos de idade que é campioa de España e de Portugal de beleza, entre outros recoñecementos), no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos, que será o escenario do evento que a día de hoxe xa conta con máis de trinta exemplares inscritos.

A exposición morfolóxica concentrarase na xornada do domingo, a partir das 10:00 horas, pero xa o sábado, como antesala do evento, está prevista unha sesión gratuíta de iniciación ao traballo deportivo e ás probas de selección española de cría, a partir das 18:00 horas, tamén en Sargadelos, impartida polo formador David Rodríguez Almerge.

A xuíza francesa Cathy Sinsout será a encargada de xulgar a todos os participantes nas diferentes categorías, con premios para o mellor boxer nacido en Galicia, o mellor veterano, a mellor promesa, o mellor xove ou o mellor de raza, entre outras moitas categorías.

O Concello de Cervo anima a veciños e visitantes a achegarse durante esa xornada a Sargadelos para desfrutar deste encontro que reunirá aos mellores exemplares desta raza. A inscrición aínda está aberta e toda a información está dispoñible nas redes sociais da Delegación Galega Boxer Club España.

ÚLTIMAS

Rafael Blas: “Esta é unha homenaxe ao porco, ás persoas que criaron porcos e tamén ao matachín”

-Por que se decidiu celebrar este Día de Exaltación á Carne de Porco? Esta é...

Excarceradas dúas persoas tras un choque entre unha furgoneta e un coche na N-642 en Cervo

Dúas persoas tiveron que ser excarceradas tras unha colisión entre unha furgoneta e un...

Barreiros ultima os traballos de mellora do Santo Estevo do Ermo

A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, e o concelleiro de medio ambiente, Dámaso Ratoeira,...

Viveiro informará das zonas habilitadas para acampar durante o Resurrection Fest

O Concello de Viveiro informa que, con motivo da celebración do Resurrection Fest, que...