InicioOrientalRibadeoCervo acondiciona e mellora o camiño de acceso na parroquia de Rúa

Cervo acondiciona e mellora o camiño de acceso na parroquia de Rúa

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo acomete estes días uns traballos de mellora e acondicionamento dun camiño que transcorre polo núcleo de Abrigo, na parroquia de Rúa, que da acceso a diferentes fincas da zona.

A alcaldesa, Dolores García Caramés, a delegada de Obras e Infraestruturas, Mali Méndez, e o edil de Zona Rural, Adrián Arias, achegáronse ata a zona para supervisar in situ a actuación, xunto co pedáneo, Ramón Elemparte e os responsables técnicos da obra.

O proxecto contempla a ampliación do ancho do camiño, de maneira que se facilite o acceso ás fincas localizadas nesa zona. Levantarase, tamén, un muro de dique para a contención da estrada, de 25m de largo e 2,5m de ancho, e así estabilizar o noiro existente.

Levarase a cabo – tamén – unha pavimentación da vía mediante a extensión e compactación dunha capa de xabre. O orzamento desta execución elévase ata os 48.291,43 euros, financiados con fondos propios.

A alcaldesa sinalou que “esta actuación pretende mellorar a accesibilidade ás diferentes fincas que se atopan no núcleo de Abrigo, na parroquia de Rúa. Con esta obra incrementamos as infraestruturas básicas e melloramos a accesibilidade dunha zona rural do noso municipio”. Seguimos traballando así –apuntou- para ir “equilibrando a balanza dos servizos básicos das zonas urbanas e rurais” para que sexan ambas igual de atractivas para vivir e para poder motivar tamén o establecemento de novas familias nestes núcleos, precisou.

ÚLTIMAS

Alumnos de Italia e Turquía farán prácticas en empresas de Ribadeo e A Pontenova da man de APAGA

Trinta alumnos italianos e seis turcos farán prácticas en empresas de Ribadeo e na...

Mondoñedo volverá acoller unha investigación da USC sobre un asentamento suevo

O vindeiro 27 de maio dará comezo unha nova fase dos traballos arqueolóxicos en...

A antiga Casa de Teléfonos será a nova comisaría da Policía Local de Ribadeo

O inmoble da antiga Casa de Teléfonos xa é propiedade do Concello de Ribadeo...

Día da Xuventude en Viveiro nos xardíns de Noriega Varela

O Concello de Viveiro celebrará este sábado, día 25 de maio, o seu Día...