InicioOccidentalCervoCervo inicia obras de saneamento na parroquia de Rúa

Cervo inicia obras de saneamento na parroquia de Rúa

O orzamento inclúe a construción dunha nova depuradora nos terreos cedidos pola Comunidade de Montes, a que será a sétima do termo municipal

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo vén de comezar os traballos da primeira fase do saneamento da parroquia de Rúa, que supoñen un orzamento que supera os 300.000 euros (338.755 euros concretamente).

A rexedora, Dolores García Caramés, a concelleira de Obras, Mali Méndez, e o edil de Zona Rural, Adrián Arias, achegáronse ata a zona, acompañados do pedáneo Ramón Elemparte, e dos técnicos responsables da obra, para supervisar o inicio destes traballos que abranguen desde o Lugar da Granda ata o lugar do Pazo, máis dun quilómetro de rede de saneamento que dará servizo ás vivendas da zona, ao campo de fútbol e ao futuro pavillón proxectado.
O orzamento inclúe a construción dunha nova depuradora nos terreos cedidos pola Comunidade de Montes, a que será a sétima do termo municipal que complementará a rede de saneamento municipal formada na actualidade polas plantas depuradoras de Figueirido, A Senra, a de Cervo, a de San Ciprián, a de Trasbar e a de Castelo.


A actuación, tal e como explicaron, contempla a implantación dun sistema separativo de augas residuais e pluviais, coa construción de cunetas de formigón para canalizar as augas aos cursos naturais existentes na contorna ou a través da súa condución por tubaxes. Tamén se prevé dotar dun sistema público de abastecemento de auga a toda esta zona e contémplase a renovación integral da vía que une os citados núcleos  de A Granda  e O Pazo, e tamén na súa prolongación ata o lugar de Lombos, “coa intención de seguir a traballar na creación de espazos cada vez máis humanizados, cómodos e accesibles para a veciñanza no noso termo municipal, neste caso na nosa zona rural”, explicou a rexedora.

Caramés puxo de manifesto que se trata dunha actuación importante para a veciñanza desta parroquia, un primeiro paso que nos permitirá achegar esta infraestrutura esencial a toda a parroquia dotándoa dunha rede de saneamento necesaria para seguir a mellorar os servizos das nosas zonas rurais, neste caso da parroquia de Rúa.

ÚLTIMAS

Manuel Arango: “O Certame de Teatro naceu do gusto que había en Lourenzá pola escena”

-Cal foi a raíz deste Certame de Teatro Amador en Lourenzá? Porque aquí en Lourenzá...

Javier Veiga: “Creamos esta rapa para dinamizar o lugar e que a xente se anive a vir”

-Por que se creou esta Rapa das Bestas de Neipín, na Pontenova, sendo esta...

Comeza o Ribadeo Indiano 2024 para esta fin de semana

Ribadeo vibra xa co Indiano 2024. A cor branca tingue xa as rúas e...

Foz celebrará este sábado as actuacións de Mallou e Habelas Hainas

sábado, día 13 de xullo, ás 22.30 horas na praza Rosalía de Castro...