InicioOccidentalCervoCervo enxalza o labor da protectora de animais Coletiñas

Cervo enxalza o labor da protectora de animais Coletiñas

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa, Dolores García Caramés, mantivo unha reunión de traballo con Irene Díaz, da Asociación Protectora de Animais Coletiñas, na Casa do Concello, durante a que rubricaron tamén un convenio de colaboración que ratifica o compromiso do Concello de Cervo co benestar animal.

A rexedora quixo poñer en valor o importantísimo labor que desempeñan as persoas voluntarias da Protectora, tanto na atención directa e coidado dos animais, como á hora de divulgar esa mensaxe de concienciación e responsabilidade entre a cidadanía.

Tal e como precisou a alcaldesa o benestar animal é un tema que preocupa e co que este equipo de Goberno está sensibilizado; por iso nos orzamentos municipais seguimos reservando cada ano, desde a fundación deste colectivo, unha contía importante para contribuír a garantir a súa protección “xa que consideramos que desde Coletiñas fan un labor altruísta fundamental para a comunidade en defensa do dereito animal”.

Na reunión afondaron no traballo feito nestes últimos meses centralizado no refuxio municipal que lles foi cedido e que está situado no Polígono de Cuíña, e valoraron as necesidades de cara ao futuro próximo.

Neste senso, desde Coletiñas agradecen calquera tipo de colaboración voluntaria que poida contribuír a mellorar a calidade de vida dos animais e o seu traballo diario.

ÚLTIMAS

Manuel Arango: “O Certame de Teatro naceu do gusto que había en Lourenzá pola escena”

-Cal foi a raíz deste Certame de Teatro Amador en Lourenzá? Porque aquí en Lourenzá...

Javier Veiga: “Creamos esta rapa para dinamizar o lugar e que a xente se anive a vir”

-Por que se creou esta Rapa das Bestas de Neipín, na Pontenova, sendo esta...

Comeza o Ribadeo Indiano 2024 para esta fin de semana

Ribadeo vibra xa co Indiano 2024. A cor branca tingue xa as rúas e...

Foz celebrará este sábado as actuacións de Mallou e Habelas Hainas

sábado, día 13 de xullo, ás 22.30 horas na praza Rosalía de Castro...