InicioOccidentalCervoI Xuntanza Espallan Letras en Cervo o 17 de maio

I Xuntanza Espallan Letras en Cervo o 17 de maio

Publicada o

- Advertisement -

O pavillón de San Román acollerá o próximo 17 de maio, con motivo do Día das Letras Galegas, a I Xuntanza Espallando Letras, organizada pola asociación de Mulleres Rurais As Espalladoras e a asociación de veciños de San Román de Vilaestrofe, coa colaboración do Concello de Cervo.

O encontro terá lugar a partir das 18:30 horas e contará coa participación dos Acordeonistas da Mariña, a S.C.R. Ledicia de Burela, e os grupos locais Cordenaia e Fol do Raxal.

Ademais haberá racións de pan, touciño, chourizo e bebida, a prezos populares durante a tarde.

A cita foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, e por representantes das asociacións organizadoras ante a Casa do Concello. A alcaldesa quixo darlle os parabéns tanto ás Espalladoras como á asociación de veciños de San Román pola iniciativa para conmemorar un día tan marcado nas nosas letras, como é o 17 de maio, e animou a veciños e visitantes a participar nesta I Xuntanza, que congregará a diferentes grupos tradicionais referentes na bisbarra “como homenaxe á nosas letras, nesta data tan marcada no calendario galego”.

Desde o Concello –engadiu- como non podía ser doutro xeito colaboramos en todo canto está na nosa man para facilitar a celebración deste Encontro que tamén contribúe a dinamizar as nosas zonas rurais.

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Barreiros pide aplicar o “Modelo Muras” para as compensacións polo parque eólico Mondigo

  A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, adiantou hoxe, tras coñecer o anuncio feito pola...

A ampliación do Hospital da Mariña avanza con 33,5 millóns e máis espazo en urxencias, UCI e consultas

O Hospital Público da Mariña continuará coa súa ampliación a través das fases 2...

Convenio entre Viveiro e Portos de Galicia para ordenar o tráfico na rúa Porto de Celeiro

O Concello de Viveiro e Portos de Galicia asinaron un convenio de colaboración...

Ribadeo contará cun novo solo residencial para 300 vivendas, a maioría protexidas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a delimitación dun novo ámbito...