InicioOccidentalCervoCervo acollerá o I Galego e Interautonómico de Kung Fu

Cervo acollerá o I Galego e Interautonómico de Kung Fu

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo, en colaboración coa Federación Galega de Kárate, acollerá o I Campionato Galego de Kungfu e o I Interautonómico desta mesma disciplina, o vindeiro domingo, 28 de abril.

A rexedora, Dolores García Caramés, e a tenente de alcaldesa, Mali Méndez, presentaron o evento acompañados do director Nacional de Kungfu da Real Federación Española de Kárate, Miguel Ángel Rojo, veciño tamén do municipio.

Hai xa máis de 80 inscricións de toda Galicia, Asturias, Castela e León, Cantabria e Cataluña.

A proba disputarase a partir das 10:00 horas no Pavillón do CEIP Península da Paz.

A competición depende do departamento de Kungfu da Federación Galega de Kárate na modalidade de Taijiquan, e os participantes competirán nas modalidades de Taolu (formas ao aire) con armas e man baleira e Taishou (combate).

Ademais, na modalidade de Tao Lu, haberá competición individual e por parellas.

ÚLTIMAS

Manuel Arango: “O Certame de Teatro naceu do gusto que había en Lourenzá pola escena”

-Cal foi a raíz deste Certame de Teatro Amador en Lourenzá? Porque aquí en Lourenzá...

Javier Veiga: “Creamos esta rapa para dinamizar o lugar e que a xente se anive a vir”

-Por que se creou esta Rapa das Bestas de Neipín, na Pontenova, sendo esta...

Comeza o Ribadeo Indiano 2024 para esta fin de semana

Ribadeo vibra xa co Indiano 2024. A cor branca tingue xa as rúas e...

Foz celebrará este sábado as actuacións de Mallou e Habelas Hainas

sábado, día 13 de xullo, ás 22.30 horas na praza Rosalía de Castro...