InicioOccidentalCervoA Mancomunidade organiza unha nova formación relacionada co SICTED

A Mancomunidade organiza unha nova formación relacionada co SICTED

Publicada o

- Advertisement -

A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense organizou unha nova sesión de formación para os membros do SICTED da Mariña. Os integrantes que comezaron este ano, retomaron así a formación iniciada no pasado mes de marzo, mentres que os participantes que comezaron no 2023 iniciaron a súa formación obrigatoria deste novo ciclo.

En total son 45 os oficios que participan neste proxecto para a mellora continua da calidade nos servizos, completando un abano de axentes que non só ocupa a aloxamentos e restaurantes, senón tamén a outros axentes clave no destino como artesáns, guías de turismo, oficinas de turismo, empresas de turismo activo e museos.

A presidenta da Mancomunidade, Rocío López, explica que “o encontro tivo por obxecto impartir a formación obrigatoria para as empresas e favorecer o encontro e conexión entre os axentes participantes, tecendo redes de colaboración e coñecemento do destino e dos seus activos”.

Presidenta e vicepresidenta da Mancomunidade, Rocío López e Ana Hermida, déronlles a benvida aos asistentes e agradeceron o seu traballo e a implicación na mellora continuada da calidade.

Tamén neste mes estanse abordando as asistencias técnicas coa visita e asesoramento nas propias empresas e a formación obrigatoria terá continuidade no mes de setembro, unha vez pasada a tempada de máxima afluencia.

O SICTED é un sistema de calidade, que a Mancomunidade aborda ao abeiro do Plan de Sostibilidade Turística, cofinanciado pola propia entidade de xestión, a Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo. Trátase dun plan que ten por obxecto potenciar o turismo en todas as vertentes da sostibilidade: económicas, socioculturais e medio ambientais, e garantir o desenvolvemento dun modelo sostible con visión a longo prazo”, indicou Tania Hermida, a xerente do Plan de Sostibilidade Turística.

Por outra banda, onte tivo lugar a charla técnica para os aloxamentos de Turismo Slow Norte de Galicia que queiran adherirse a Galicia Destino Sostible tras o acto de presentación do acordo entre as Mancomunidades da Mariña e Ferrolterra e o Clúster de Turismo de Galicia, que trata de que este proxecto promovido polas dúas mancomunidades pase a ser un criterio habilitante co cal as empresas poden adherirse de xeito directo ao club de produto a nivel galego.

ÚLTIMAS

Manuel Arango: “O Certame de Teatro naceu do gusto que había en Lourenzá pola escena”

-Cal foi a raíz deste Certame de Teatro Amador en Lourenzá? Porque aquí en Lourenzá...

Javier Veiga: “Creamos esta rapa para dinamizar o lugar e que a xente se anive a vir”

-Por que se creou esta Rapa das Bestas de Neipín, na Pontenova, sendo esta...

Comeza o Ribadeo Indiano 2024 para esta fin de semana

Ribadeo vibra xa co Indiano 2024. A cor branca tingue xa as rúas e...

Foz celebrará este sábado as actuacións de Mallou e Habelas Hainas

sábado, día 13 de xullo, ás 22.30 horas na praza Rosalía de Castro...