InicioOccidentalCervoI Ruta cabalar de Cervo para o 14 de abril

I Ruta cabalar de Cervo para o 14 de abril

A cita foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, e polo edil de Zona Rural, Adrián Arias, e por unha representación dos membros da asociación organizadora, na pista ecuestre recentemente construída na zona da Bidueira

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo será o escenario da I Ruta Cabalar o próximo domingo 14 de abril, organizada pola asociación Cabaleiros da Bidueira, coa colaboración do Concello de Cervo.

A cita foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, e polo edil de Zona Rural, Adrián Arias, e por unha representación dos membros da asociación organizadora, na pista ecuestre recentemente construída na zona da Bidueira.

A saída está prevista para as 10:00 horas do pavillón de San Román; haberá aperitivo para os participantes á metade da ruta, sesión vermú e baile no polideportivo da mar de Dismo Móbil Conxuro, e xantar a base de paella, costela asada, sobremesa, bebida e chupito. O prezo será de 26 euros para os adultos e de 13 euros para os nenos, e poden asistir tanto os participantes da ruta como o resto de persoas que o desexen, con ou sen cabalo.

As inscricións, nos teléfonos 657 25 64 08 ou 677 53 92 85, poden formalizarse ata o 10 de abril.

A rexedora, quixo darlle os parabéns á asociación pola iniciativa, que ademais é unha oportunidade de dar a coñecer os atractivos naturais e paisaxísticos do noso Concello desde outra perspectiva, a lombos dun cabalo, que é todo un luxo”.

ÚLTIMAS

Manuel Arango: “O Certame de Teatro naceu do gusto que había en Lourenzá pola escena”

-Cal foi a raíz deste Certame de Teatro Amador en Lourenzá? Porque aquí en Lourenzá...

Javier Veiga: “Creamos esta rapa para dinamizar o lugar e que a xente se anive a vir”

-Por que se creou esta Rapa das Bestas de Neipín, na Pontenova, sendo esta...

Comeza o Ribadeo Indiano 2024 para esta fin de semana

Ribadeo vibra xa co Indiano 2024. A cor branca tingue xa as rúas e...

Foz celebrará este sábado as actuacións de Mallou e Habelas Hainas

sábado, día 13 de xullo, ás 22.30 horas na praza Rosalía de Castro...