InicioOccidentalCervoCervo inviste 15.000 euros para mercar material para a pista de atletismo

Cervo inviste 15.000 euros para mercar material para a pista de atletismo

A rexedora, Dolores García Caramés, e o edil de Deportes, David Rodríguez, achegáronse ata as instalacións para ver in situ o novo equipamento homologado que supuxo un investimento de 15.000 euros, procedentes das arcas municipais

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo, vén de adquirir novo material deportivo homologado para as pistas de atletismo da Veiga. A rexedora, Dolores García Caramés, e o edil de Deportes, David Rodríguez, achegáronse ata as instalacións para ver in situ o novo equipamento homologado que supuxo un investimento de 15.000 euros, procedentes das arcas municipais.

En concreto –explicaron- “adquiríronse valos de diferentes características e dimensións, tacos de saída, obstáculos e un carro porta valos co fin de seguir mellorando e completando pouco a pouca a dotación desta instalación privilexiada que temos no noso municipio, para fornecela de todo o equipamento necesario para acoller diferentes competicións e probas oficiais, e para uso e desfrute tamén dos atletas que adestran a diario nas pistas”.

Neste senso, avanzaron que a próxima competición oficial que acollerá as pistas será o vindeiro 21 de abril, cando se celebrará en Cervo unha proba do I Circuíto Galego de Marcha Atlética.

Cabe recordar, que o Concello de Cervo o Concello de Cervo vén de dixitalizar o proceso de reservas das pistas de atletismo. A través do enlace https://reservas.concellodecervo.com/.

As persoas, que terán que estar federadas, poden reservar así de xeito gratuíto o día e a franxa horaria que mellor se adapte ás súas circunstancias en función da dispoñibilidade; e recoller a chave na piscina municipal, amosando o correo de confirmación da reserva e o número de licenza federativa.

ÚLTIMAS

Manuel Arango: “O Certame de Teatro naceu do gusto que había en Lourenzá pola escena”

-Cal foi a raíz deste Certame de Teatro Amador en Lourenzá? Porque aquí en Lourenzá...

Javier Veiga: “Creamos esta rapa para dinamizar o lugar e que a xente se anive a vir”

-Por que se creou esta Rapa das Bestas de Neipín, na Pontenova, sendo esta...

Comeza o Ribadeo Indiano 2024 para esta fin de semana

Ribadeo vibra xa co Indiano 2024. A cor branca tingue xa as rúas e...

Foz celebrará este sábado as actuacións de Mallou e Habelas Hainas

sábado, día 13 de xullo, ás 22.30 horas na praza Rosalía de Castro...