InicioOccidentalCervoCervo habilita unha nova páxina web máis accesible para veciños e visitantes

Cervo habilita unha nova páxina web máis accesible para veciños e visitantes

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo habilitou este mesmo venres unha nova páxina web máis operativa e accesible para veciños e visitantes, que presta moita atención á imaxe e á actualidade, cunha actualización diaria de todos os contidos e eventos que se programan nos diferentes recunchos do municipio.

Tal e como explicou a alcaldesa, Dolores García Caramés, a plataforma foi totalmente renovada e “animamos aos nosos veciños a que naveguen pola páxina que é un escaparate de todo canto acontece no noso municipio, e para elo aproveitamos todas as posibilidades que nos ofrece a internet, especialmente a inmediatez, actualizando constantemente contidos e informacións relativas ao Concello e a todas as actividades culturais, de servizos sociais, deportivas, lúdicas…que se programen, co obxectivo de que os cervenses estean permanentemente informados”.

A rexedora apuntou así mesmo que tamén concibimos esta páxina como a carta de presentación do Concello, unha ventá aberta de Cervo ao mundo coa que poder chegar a calquera recuncho, e seducir ao visitante, para que se sinta atraído por todo o que podemos ofrecerlle, e nos veña visitar.

A páxina aséntase sobre catro piares fundamentais: a accesibilidade, a información, o servizo á cidadanía e o turismo.

Deste xeito, a través do dominio www.concellodecervo.com, calquera persoa pode navegar de xeito sinxelo pola páxina, e, a través de diferentes atallos, acceder á sección que interese nese caso.

É unha páxina baseada na transparencia, que pretende ser unha ferramenta útil e dinámica para os cervenses, que poden acceder directamente a un enlace á sede electrónica, que os conduce ao taboleiro de anuncios, e poden descargar certa documentación e facer trámites dende as súas casas; ademais de realizar un seguimento diario de toda a actividade do Concello, que como xa se dixo, se actualizará a diario.

Ademais, o Concello de Cervo vén de dixitalizar o proceso de reservas da pista de atletismo situadas no Complexo Deportivo da Veiga. A través do enlace https://reservas.concellodecervo.com/. As persoas, que terán que estar federadas, poden reservar así de xeito gratuíto o día e a franxa horaria que mellor se adapte ás súas circunstancias en función da dispoñibilidade; e recoller a chave na piscina municipal, amosando o correo de confirmación da reserva e o número de licenza federativa.

O concello de Cervo conta ademais con páxinas de facebook, twitter, instagram e canle Youtube, todos en conxunto conforman unha rede de comunicación completa, que se actualiza constantemente ao servizo dos cervenses.

ÚLTIMAS

Concentración no Valadouro reclamando a cobertura das prazas médicas

Unha concentración de 500 persoas segundo a Plataforma pola Sanidade Pública da Mariña, concentráronse...

Cortada por obras desde o martes ata o venres a estrada LU-P-2007, en Foz

A estrada LU-P-2007 no municipio lucense de Foz quedará cortada desde o martes ao...

Fran Cajoto: “Os ‘Cantos na Taberna’ son unha maneira de preservar o noso patrimonio’

-De onde parte esta iniciativa de 'Cantos na Taberna' de Foz? Isto parte dunha iniciativa...

A alcaldesa de Viveiro critica que o PP non axude para unha solución coa ‘Casa dos Mestres’

O A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, lamenta que “o PP non apoie ao...