InicioOccidentalCervoDolores García Caramés: "A grande aportación da Festa do Ourizo é a...

Dolores García Caramés: “A grande aportación da Festa do Ourizo é a variedade de pratos que pode ofrecer”

A XXXI Edición da Festa do Ourizo en Cervo, concretamente en San Cibrao, é un escaparate para mostrar as diferentes maneiras de preparar este protudo mariño hoxe en día escaso. A alcaldesa de Cervo preséntanos a edición da festa deste 2024 e cal é a aportación da mesma á Mariña.

Publicada o

- Advertisement -

-Cantas edicións van xa da Festa do Ourizo e como empezou esta tradición?

Esta é a XXI edición da Festa do Ourizo, un alimento que se consumía nas casas cando era máis abundante. Así, a xente xuntábase para recollelo seguindo unha vella tradición e de aí tamén temos parte das raíces desta Festa.

-Cal cre que é a grande aportación desta Festa tanto a Cervo como ao conxunto da Mariña?

O produto está moi demandado porque hai moi pouco e o seu prezo é alto. Por outra parte, non hai outra festa do ourizo perto de Cervo, a máis próxima é outra en Asturias. Con todo, é un produto difícil de encontrar nas cartas dos restaurantes pola súa dificultade e o seu prezo. Porén, na Festa do Ourizo podemos gozar del cocido e crú. Esa é a maior aportación da festa, ofrecer un prato que é difícil encontrar.

-De onde procede o ourizo que se repartirá en San Cibrao?

Mércase en lonxa, non se pode pasar dun determinado número de quilos debido á escaseza do mesmo. Nós recollémolo na lonxa por ser recollido aquí na zona.

-Coñece a alguén que recolla ourizo do mar?

Non coñezo a ninguén agora mesmo activo mais si sei de xente que o facía. É un produto difícil de recoller porque está nas rochas e no fondo. Antes había unha cantidade grande deles, agora non abunda tanto.

-Van traer algún cociñeiro para preparar este prato ou serán persoas vinculadas a San Cibrao e Cervo?

Preparamos un showcooking nunha carpa onde estarán tres cociñeiros da Asociación Provincial de Cociñeiros de Lugo. Ofrecerán unhas tapas deseñadas por estes cociñeiros que son Bruno Pena, Martín Mantilla e Juan Rubiños. Poderase ver en vivo como as preparan e tamén se poderán degustar. Tamén se poderán probar as dos seis bares que participan nesta Festa e que entre eles tiveron un concurso gastronómico do ourizo o mércores pasado. O xurado estaba composto por xente da Asociación Provincial de Cociñeiros de Lugo. Debemos poñer en valor o feito de que os nosos bares se reinventen cada ano para deseñar pratos novos. Dan a probar as que funcionaron o ano anterior e as da nova edición. A grande aportación desta festa é ofrecer diferentes maneiras de preparar o ourizo porque non a todo o mundo lle gusta crú ou cocido, senón que hai outras maneiras de ofrecelo.

-E cal é a versión de ourizo que máis lle gusta a vostede?

Cru, e non lle boto nada. Un cociñeiro dixo que o mellor sabor era crú, probeino e gustoume moito. Aínda así, teño ganas de probar todas as versións que fixeron os bares.

ÚLTIMAS

O goberno local de Foz critica que o voceiro do PP “minta só para conseguir un titular”

A portavoz do goberno local socialista de Foz e concelleira de Facenda, Inés López...

A Deputación asume o financiamento da residencia de maiores de Ribadeo

Concello de Ribadeo e Deputación de Lugo asinaron este venres o convenio polo...

Cervo asume gran parte do incremento de prezos da residencia municipal

O Concello de Cervo comprométese a asumir gran parte do impacto que implica o...

Burela reforza recursos ante emerxencias cardíacas con novos desfibriladores

O Concello de Burela continúa reforzando os seus medios de resposta ante emerxencias cardíacas...