InicioOccidentalCervoCervo e o Burela FS subscriben un convenio para promocionar o futbol...

Cervo e o Burela FS subscriben un convenio para promocionar o futbol sala entre a xente nova

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo vén de subscribir un convenio de colaboración co Burela Fútbol Sala co obxectivo de promocionar as instalacións municipais e de fomentar a práctica deste deporte e os hábitos de vida saudables entre a mocidade do municipio.

No sinatura participaron a rexedora, Dolores García Caramés, acompañada polos concelleiros Adrián Arias e Alfredo Fernández, e o presidente do Burela FS, Manuel Blanco.

O documento contempla a visita dos membros do primeiro equipo do Burela FS masculino e feminino aos centros escolares do municipio, que participarán ao longo do curso, e sempre que os seus compromisos de competición llo permitan, en diferentes charlas e seminarios co fin de compartir cos nenos e nenas as súas experiencias como profesionais da elite neste deporte, e súa realidade diaria, fomentando tamén unha contorna de igualdade.

Ademais, o convenio permitirá ás crianzas das Escolas Deportivas Municipais participar nos diferentes eventos organizados polo Club, cun trato preferente e/ou con descontos especiais se tivesen custo, entre outras vantaxes.

Pola súa banda, o Concello de Cervo, tal e como explicou a alcaldesa, “comprométese a ceder ao Burela FS o uso das instalacións deportivas municipais, sempre, iso si, que sexa compatible coa actividade habitual que hai nas mesmas”, organizando a súa cesión en función da dispoñibilidade.

A rexedora puxo en valor este convenio “moi positivo para o noso Concello” e destacou a importancia da “colaboración institucional”, que neste caso vai permitir á nosa comunidade educativa poder compartir intres moi proveitosos e interesantes con profesionais do Fútbol Sala de elite.

Caramés trasladoulle tamén ao presidente os parabéns “polo traballo impecable que están a facer coas dúas sección do Club”. No caso da feminina, cun palmarés de vertixe, xa que se fixeron cos catro títulos nacionais e autonómicos que se puxeron en xogo a pasada tempada. Na que o equipo masculino tamén tivo un papel moi destacado disputando o play off de ascenso á Primeira División.

Quixo así mesmo, desexarlles sorte neste curso, cun título xa en xogo para o cadro feminino o próximo mes, coa Supercopa.

ÚLTIMAS

Burela acolle cursos formativos para persoas estranxeiras e a preparación de probas oficiais

Burela acollerá dous cursos formativos dirixidos a persoas estranxeiras, organizados por Ecos do Sur....

ACISA integra hoxe os negocios da Praza de Abastos logo do acordo entre patronal local e Asociación de Praceiros

Acisa integra dende hoxe á Praza de Abastos de Ribadeo, tras a sinatura do...

O comité de empresa de Alcoa reclama unha reunión co Goberno ante a situación do sector do aluminio

O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao, en Cervo, pide unha reunión...

Conferencia ‘A cova de San Xoán Vello: novas achegas desde a arqueoloxía’ en Viveiro

Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro mércores 22 de abril, ás 20:00 horas, na...