InicioOccidentalCervoCervo inviste máis de 200.000 euros na mellora das comunicacións na cabeza...

Cervo inviste máis de 200.000 euros na mellora das comunicacións na cabeza de municipio

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo comezou os traballos de mellora das arterias de comunicación do núcleo de Cervo. A rexedora, Dolores García Caramés, e a tenente de alcaldesa, Mali Méndez, supervisaron os traballos que se acometen estes días na Avenida de Galicia e na Rúa Xosé María Cao (no tramo Avenida de Galicia-Centro de Saúde), cuxo ámbito de actuación supera os 7000 metros cadrados co obxectivo de mellorar a accesibilidade e a seguridade viaria nesta zona tan transitada.

Tal e como explicou a alcaldesa, “a obra supón un orzamento que supera os 200.000 euros -212.134,78 euros concretamente- procedentes de fondos propios do remanente de tesourería” e suporá unha mellora do firme, da accesibilidade e tamén da rede de saneamento, en varios tramos da zona.


Os traballos consistirán pois na renovación do firme, mellorando as condicións para a circulación rodada, na renovación da sinalización horizontal e do mobiliario urbano; e tamén se procederá a facer unha distición do tráfico rodado e do peonil ante o edificio municipal do GES e da Policía Local mediante a execución de beirarrúas. Así mesmo, tamén se vai eliminar parcialmente a isleta central existente na Avenida de Galicia para posibilitar o cruce dos vehículos que circulen en sentido descendente pola avenida cara a rúa do Vilar, coa correspondente renovación da rede de saneamento nesa zona.


Caramés precisou que con esta actuación incidimos tamén no concepto de humanización, como vimos facendo en todas a novas actuacións que levamos a cabo; “co obxectivo de facer as nosas vilas máis accesibles e seguras para a veciñanza”.

ÚLTIMAS

Cervo celebra o Día Mundial do Medio Ambiente coa comunidade educativa

O Concello de Cervo conmemorou este venres o Día Mundial do Medio Ambiente cun...

Ton Blanco: “En Galicia non houbo guerra, houbo unha represión e unha depuración moi duras”

-Coñécese ou tense información sobre o perfil das persoas que foron fusiladas e que...

Continúan os labores de extinción nun edificio de Ribadeo

Os equipos de Emerxencias continúan traballando na extinción dun incendio declarado hai máis de...

Burela leva a Feira do Bonito a Festur 2026

O Concello de Burela participa un ano máis en Festur, a Feira de Festas de Interese Turístico que se celebra no recinto feiral de...