InicioOccidentalCervoCervo ten operativas as novas pistas de atletismo do Complexo Deportivo da...

Cervo ten operativas as novas pistas de atletismo do Complexo Deportivo da Veiga

A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, indica que “nunha primeira toma de contacto coas pistas para que sexan eles os primeiros en poñer en práctica as normas de uso da instalación”.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo vén de recepcionar as obras da das que son as únicas pistas homologadas de atletismo da Mariña, situadas no Complexo Deportivo da Veiga, en San Cibrao.

A rexedora, Dolores García Caramés, e o edil de Deportes, David Rodríguez, mantiveron un encontro cos directivos dos dous clubs locais de atletismo -o Club Deportivo San Cibrao e o Maderas Barcia Cervo-, que serán os primeiros en facer uso das novas instalación en exclusiva, polo momento, “nunha primeira toma de contacto coas pistas para que sexan eles os primeiros en poñer en práctica as normas de uso da instalación municipal que entre todos debemos coidar para garantir o seu futuro e o seu mantemento”, expresou a rexedora.

Así mesmo, Caramés xa anunciou que xa está fixado o próximo 31 de outubro, como data para inauguración oficial das pistas de atletismo, “e ese día teremos o privilexio de ter con nós ao atleta Adrián Ben”, para o que Caramés tamén quixo ter unhas palabras de agradecemento pola súa disposición, “xa que desde o minuto un quixo estar con nós neste día tan importante para Cervo; é todo un orgullo que un atleta con ese incrible palmarés, inaugure estas pistas que poñemos, por suposto, á súa enteira disposición, como así llo trasladamos, loxicamente”.

A rexedora, quixo expresar unha vez máis “a satisfacción enorme” de ver como Cervo se converte no epicentro do atletismo da Mariña e fixo fincapé na colaboración e implicación de todos para salvagardar estas instalacións privilexiadas que puidemos materializar “grazas á optimización dos recursos deportivos existentes e á inestimable colaboración da Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral para o Deporte”.

ÚLTIMAS

Cervo reforza a coordinación para garantir a seguridade en citas do verán

  O Concello de Cervo acolleu este luns a reunión da Xunta Local de Seguridade,...

O Bal y Gay ofrece este 2026 a súa edición máis ambiciosa consolidando A Mariña como referente da música clásica

A rolda de prensa para a presentación da nova edición do Festival Bal y...

Morre un home nun accidente de tráfico en Trababa por unha saída de vía

Un home de 64 anos faleceu nun accidente de tráfico no municipio lucense de...