InicioOccidentalCervoCervo abre unha nova edición do obradoiro "Teatro Pimpim"

Cervo abre unha nova edición do obradoiro “Teatro Pimpim”

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo abre o Obradoiro de Teatro Pimpim dirixido a crianzas de entre 6 e 12 anos. A inscrición pode facerse na Casa da Cultura. As aulas impartiranse os martes e os xoves de 18:00 a 19:00 horas a partir de novembro.

Desde o Concello de Cervo levan moitos anos apostando polo teatro para as crianzas, como ferramenta pedagóxica para o seu desenvolvemento integral nesta etapa na que comeza a construír a súa propia personalidade. O teatro é unha disciplina moi completa que lles axuda a socializar, mellora a súa concentración, e tamén potencia as súas habilidades comunicativas e a súa autoestima; entre outros moitos beneficios.

ÚLTIMAS

O PP ofrece unha suba importante de votos na Mariña segundo os datos do 18F

Galicia é diversa. A nosa terra é un territorio onde nada ten que ver a...

Cervo recupera a panorámica da Atalaia derrubando parte do esqueleto dun edificio

O Concello de Cervo inicia este ano 2024 acadando un obxectivo ambicioso perseguido desde...

A concelleira de Cultura de Foz cre que o PP quere acabar co Entroido

A concelleira de Cultura en Foz, Inés López Couto, manifesta que “os intereses partidistas...

O TS estuda este mércores o recurso da defensa da viaxe de ‘El Pequeño Nicolás” a Ribadeo

O Tribunal Supremo (TS) estudará este mércores o recurso que presentou a defensa de...