InicioOrientalRibadeoCervo edita o conto 'Cipri' ilustrado polos alumnado de 'Cervo Concilia'

Cervo edita o conto ‘Cipri’ ilustrado polos alumnado de ‘Cervo Concilia’

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo vén de editar o conto “Cipri” que foi creado durante esta edición do programa Cervo Concilia, dentro das clases de pintura que foron impartidas pola artística plástica, escénica e docente, María Blanca F. Dacal, autora da narración que acompaña as ilustracións dos nenos de entre 5 e 9 anos.

A rexedora, Dolores García Caramés, compartiu esta mañá o resultado do traballo coas crianzas e os monitores do programa que se está a desenvolver coincidindo coas vacacións escolares, e que culminará este mesmo venres. Caramés quixo poñer en valor esta iniciativa “de carácter didáctico e ecoloxista” que contribúe tamén a concienciar aos pequenos sobre a importancia que teñen todos os nosos actos e hábitos do día a día e o seu impacto no medio.

O relato describe a grandes trazos a vida das baleas, as súas longas migracións, e as características que fan únicas a estes grandes cetáceos que participan de maneira activa e natural na redución de CO2, polo que a súa existencia é crucial tamén para frear o cambio climático.

O conto xunta esta mensaxe ecoloxista coa relación da vila de San Cibrao coas baleas, xa que esta vila foi no seu día un dos portos baleeiros máis importantes do norte de España. Tal e como afondou a propia autora, “Cipri” tamén nos fala dunha aventura de verán, “de lendas que nos fan soñar nas noites de verán esperando ver unha estrela fugaz, co mesmo desexo de ver unha balea”.

Caramés quixo felicitar tanto as nenas e nenas como a Blanca por “este proxecto tan bonito”, que plasma sobre o papel todo o que supón Cervo Concilia para as crianzas do noso Concello “que comparten verán tras verán momentos inesquecibles entre amigos, que poderán volver recuperar sempre que queiran ao abrir tan só este conto que é a pura esencia do programa: compartir, convivir e crear xuntos”. Editáronse máis de 100 exemplares que serán repartidos entre os nenos que o crearon.

ÚLTIMAS

Operativo nas Catedrais: buscan dúas persoas que poden estar atrapadas nunhas rochas

Os servizos de emerxencias manteñen activo un operativo para buscar a dúas persoas que...

10.000 abonos do Resurrection Fest á venda este xoves 10 de setembro a partir das 12:00

O Resurrection Fest Estrela Galicia saca á venda este xoves, 10 de setembro (a...

O sector pesqueiro reclama a Bruxela levantar o veto sobre o palangre “pedra-bola”

CEPESCA, Europêche e OPP Burela reclamaron este mércores no Parlamento Europeo unha modificación urxente...

PP de Lugo acusa ao Goberno de “esconder o seu incumprimento” coa autovía da Mariña

O senador do PP pola provincia de Lugo José Manuel Balseiro acusou ao Goberno...