InicioOccidentalCervoCervo acolle na Praza dos Campos o Festival Folklórico Internacional e Infantil

Cervo acolle na Praza dos Campos o Festival Folklórico Internacional e Infantil

A rexedora, Dolores García Caramés, e o concelleiro de Emprego e Formación, Alfredo Fernández, presentaron a cita acompañados do Presidente e profesor do Grupo organizador, Claudio López, e doutros compañeiros de Mistura.

Publicada o

- Advertisement -

A cita comezará o venres 4 de agosto, a partir das 19:30 horas, coas actuacións dos grupos African Tumbas (Kenia), Otrora (Colombia), Ibarra Kaldu (Portugalete/Biscaia) e o grupo anfitrión Mistura será o encargado de poñer o broche de ouro

O domingo 6, a partir das 19:00 horas, será a quenda do Festival Infantil coa participación da Asociación Cultural Buxainas (Cedeira), a Agrupación Folklórica Os do 21 (O Vicedo) e rematará co Grupo Folklórico Mistura de San Ciprián

O Concello de Cervo convida a gozar do Festival Folklórico internacional e Infantil que se celebrará en San Ciprián, na Praza dos Campos, esta primeira fin de semana de agosto da man do Grupo Folklórico Mistura de Lieiro, coa colaboración da Administración local.

A rexedora, Dolores García Caramés, e o concelleiro de Emprego e Formación, Alfredo Fernández, presentaron a cita acompañados do Presidente e profesor do Grupo organizador, Claudio López, e doutros compañeiros de Mistura.

Así, o venres 4 terá lugar o Festival internacional que arrincará ás 19:30 horas coa participación dos grupos African Tumbas (Kenia), Otrora (Colombia), Ibarra Kaldu (Portugalete/Biscaia) e o grupo anfitrión Mistura será o encargado de poñer o broche de ouro.

Xa o domingo 6 será a quenda dos máis pequenos/as; a partir das 19:00h actuarán a Asociación Cultural Buxainas (Cedeira), a Agrupación Folklórica Os do 21 (O Vicedo) e rematará o Grupo Folklórico Mistura de San Ciprián

Caramés quixo darlle os parabéns ao Grupo Folklórico Mistura polo traballo que están a facer a prol da Cultura Galega, “achegando, ademais o noso Folklore ás novas xeracións, velando así pola súa conservación como ben patrimonial que é”, e animou a todo o pobo a que participe e asista a ver un espectáculo  “que é un intercambio cultural único que nos ofrece a oportunidade de ver en directo o talento de diferentes agrupacións nacionais e internacionais, aos que animamos a desfrutar do noso municipio e de todo canto Cervo pode ofrecer”.

ÚLTIMAS

O Foro Económico de Viveiro trasládase a xaneiro de 2027 pola convocatoria das eleccións xerais

A celebración do Foro Económico de Viveiro, que estaba programada inicialmente para finais deste...

As ANPA trasladan as necesidades dos centros educativos ao Concello de Viveiro

O Concello de Viveiro mantivo este luns unha reunión con representantes das asociacións de...

Apoio á folga do 11N desde a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña anunciou o seu apoio á...

O BNG da Mariña chama a participar na manifestación do 11N en Burela

O Consello Comarcal do BNG na Mariña fai un chamamento á cidadanía para sumarse...