InicioOccidentalCervoHomenaxe en Cervo a unha axente da Policía Local por máis de...

Homenaxe en Cervo a unha axente da Policía Local por máis de 30 anos de servizo

Entregóuselle o distintivo de permanencia no servizo que entrega a Xunta de Galicia, “polo seu desempeño profesional e pola súa dedicación ao servizo policial”.

Publicada o

- Advertisement -

A corporación municipal homenaxeou no pleno extraordinario celebrado esta semana, á policía local do Concello de Cervo, María Concepción Trelles Dourado, polos seus 32 anos de servizo neste municipio.

No acto, fixéronlle entrega do distintivo de permanencia no servizo que outorga a Xunta de Galicia, “polo seu desempeño profesional e pola súa dedicación ao servizo policial”.

O rexedor, Alfonso Villares, quixo darlle os parabéns por todos estes anos de servizo e agradecerlle a súa implicación, dedicación e profesionalidade en todo este tempo; e por velar polo cumprimento das distintas condicións da convivencia no noso municipio.

ÚLTIMAS

Raquel Blas: “A Queimada de Cervo naceu nunha formigoneira”

-Como naceu esta queimada popular, cales foron os motivos que tiveron as persoas a...

A Feira de Gando do San Bartolo volve a Penas Agudas o luns 24 de agosto

Como cada ano, e mantendo viva unha tradición que se remonta a tempos ancestrais,...

A Garda Civil comisa 28 quilos de polbo sen trazabilidade na Mariña

A Garda Civil, en colaboración con persoal inspector do Servizo de Gardacostas de Galicia,...

O PP de Foz denuncia o abandono da praza Pardo de Cela por parte do goberno de Cajoto

O voceiro do Grupo Municipal do PP de Foz, Javier Castiñeira, denuncia o “lamentable...