InicioOccidentalCervoCervo organiza un curso de socorrismo gratuíto para espazos acuáticos naturais

Cervo organiza un curso de socorrismo gratuíto para espazos acuáticos naturais

A inscrición estase a tramitar na Oficina de Emprego de Burela e hai un total de 15 prazas.

Publicada o

- Advertisement -

A data de inicio está programada para o 15 de maio, cunha duración de 4 meses. As inscricións pódense tramitar na Oficina de Emprego de Burela.

O Concello de Cervo organiza un Curso gratuíto de Socorrismo en espazos acuáticos naturais con certificado de profesionalidade.

A data de inicio para este curso está programada para o 15 de maio, e terá unha duración de 4 meses, rematando o 11 de setembro. As clases impartiranse en horario de 16H a 21H de luns a venres.

A inscrición estase a tramitar na Oficina de Emprego de Burela e hai un total de 15 prazas. O curso está orientado a persoas e en situación de desemprego pero poderase cubrir ata un máximo de 30% de persoas en activo.

Para resolver calquera dúbida ou obter máis información sobre o curso, pódese acudir ao Concello de Cervo ou ben chamar ao 982 55 77 77.

ÚLTIMAS

Traballadores da recollida de lixo en Viveiro non descartan ir á folga por ver “insultante” a proposta de FCC

  O servizo de recollida de lixo en Viveiro atópase nun momento de tensión. As...

O PP de Foz denuncia o colapso da desembocadura do Ouro na Pampillosa

O Partido Popular de Foz denuncia a situación “moi grave” que presenta na actualidade...

Barreiros acolle o exame COMDIX de competencias dixitais de nivel intermedio

A aula CeMIT de Barreiros acollerá o exame presencial para a obtención da certificación...

Convocada a Xunta Local de Seguridade en Viveiro para coordinar os dispositivos da Carreira CAMOVI e a Semana Santa

O Concello de Viveiro foi escenario esta mañá dunha xuntanza extraordinaria da Xunta Local...