InicioOccidentalCervoCervo aposta por máis proxectos no sector acuícola apoiando o I+D+i

Cervo aposta por máis proxectos no sector acuícola apoiando o I+D+i

Trátase da implantación da empresa "Algas da Mariña" que se espera cree 70 postos de traballo.

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a tenente alcalde, Dolores García Caramés e o edil de Turismo, David Rodríguez, acompañados por técnicos municipais, veñen de manter un novo encontro cos responsables da empresa de nova creación “Algas da Mariña”, Jesús Barreiro e José Manuel Louzao, que estiman implantar a súa actividade nos vindeiros meses nunha superficie que abrangue tres parcelas que suman 12.000 m2 situadas no Polígono de Cuíña, “cuxos trámites están moi avanzados con XESTUR, cos que xa teñen o terreo reservado”.

Tal e como explicou o rexedor, desde o Concello, estamos a facilitar ao máximo posible todos os trámites que nos competen, para facilitar a diversificación do sector acuícola no noso municipio, “nunha clara aposta polo I+D+I, apoiando un proxecto como este enmarcado nun sector con gran potencial e en proceso de expansión como é o do cultivo de algas, altamente sostible e con múltiples aplicacións en diferentes sectores desde o alimentario, o farmacéutico ou o téxtil”. O rexedor quixo mostrar a súa satisfacción porque estes emprendedores se fixaran no noso Concello como “lugar privilexiado pola súa situación para a posta en marcha da súa actividade, que traerá novos investimentos a Cervo, e o que é máis importante a creación de postos de traballos”. Desde a empresa cifran o investimento, que se desenvolverá en catro fases, en máis de 20 millóns de euros, e estiman que se crearán uns 70 empregos.

Desde a firma, avalada polo gabinete de enxeñería INDUTEC, apuntan algunhas das aplicacións das potenciais aplicación das algas, como é o uso para cosmética, farmacia, para-farmacia, alimentación humana ou biocombustibles. O proxecto, como se dixo, e tal e como precisan deste Algas da Mariña, consta de varias seccións:

– Quinta gama. Contempla a elaboración, envasado e venta de pratos preparados a partir de produtos de la zona, para o que dispoñen dun acordo de colaboración con produtores da contorna para a provisión de materias primas.

– Planta de cría e procesamento de mariscos. Ten como obxecto a cría, elaboración e venta de mariscos de maior calidade nun entorno controlado, en viveiros nutridos por auga mariña extraída directamente da costa.

– Embotelladora de auga de mar. Contempla desde o envasado de auga para a súa subministración directa, elaboración de bebidas isotónicas ou colutorios con base de auga mariña, entre outros.

– Obradoiro e viveiro para o cultivo de algas. O sector que estiman que será o máis relevante da súa actividade.

ÚLTIMAS

Raquel Blas: “A Queimada de Cervo naceu nunha formigoneira”

-Como naceu esta queimada popular, cales foron os motivos que tiveron as persoas a...

A Feira de Gando do San Bartolo volve a Penas Agudas o luns 24 de agosto

Como cada ano, e mantendo viva unha tradición que se remonta a tempos ancestrais,...

A Garda Civil comisa 28 quilos de polbo sen trazabilidade na Mariña

A Garda Civil, en colaboración con persoal inspector do Servizo de Gardacostas de Galicia,...

O PP de Foz denuncia o abandono da praza Pardo de Cela por parte do goberno de Cajoto

O voceiro do Grupo Municipal do PP de Foz, Javier Castiñeira, denuncia o “lamentable...