O Concello de Cervo anuncia para este sábado, 18 de febreiro, como antesala ao Entroido de Cervo, o espectáculo de fantasía animada “El Musical de la bondad”, coa colaboración de Airiños do Xunco. Será ás 12:30 horas, na Praza do Souto.
O domingo terá lugar o desfile de Cervo con saída do CEIP ás 18:00 horas, acompañado da charanga Os Macanudos, ata a Praza do Souto onde será a entrega de premios, cos acordes de Conxuro.
O luns 20 de febreiro, será a Festa Infantil de Entroido, na carpa da Praza dos Campos. Con inchables (desde as 16:00 horas) e chocolate con churros ás 18:00 horas; ás 19:30 horas está previsto un concerto infantil na carpa da Praza dos Campos para toda a familia.
O desfile será o martes ás 18:00 horas, amenizado pola charanga Os Fandangueiros e o Grupo D’ Vicio, ao remate do desfile e despois da entrega de premios, que está prevista para as 21:30 horas.