InicioOccidentalCervoCervo abrirá un vial entre os montes de caolín e a N-642...

Cervo abrirá un vial entre os montes de caolín e a N-642 para evitar o tránsito de vehículos pesados por núcleos de poboación do concello

O alcalde, AlfonsoVillares explicou que “levamos mais dun ano traballando no proxecto de execución deste trazado que discorrerá por terreos municipais".

Publicada o

- Advertisement -

 

O Concello de Cervo leva máis dun ano traballando nun proxecto de adecuación e construción dun vial que servirá de enlace entre os montes de caolín situados na parroquia de San Román, e a N-642, á altura do Burgo de Daian, onde se situaba a antiga canteira “a fin de favorecer o tránsito dos vehículos pesados da mina de caolín que está a piques de poñerse en funcionamento, e tamén dos camións que transportan madeira, evitando así o seu paso polos núcleos de poboación”.

Así o explicou o rexedor, Alfonso Villares, quen apuntou que é unha boísima noticia, especialmente para a parroquia de San Román, que se vaia retomar a actividade desta mina, “desde o Concello estamos en contacto coa firma arrendataria da canteira para facilitarlles na medida das nosas posbilidades a súa actividade, tan positiva para o noso municipio”.

Deste xeito -engadiu- esta vía de enlace que proxectamos discorre na súa totalidade por terreos municipais, o que nos permitirá axilizar ao máximo os tempos e os trámites, ao depender en todos os aspectos e unicamente da administración local.

ÚLTIMAS

Achan en Ribadeo o primeiro exemplar dun verme invasor depredador do mexillón en Galicia

O biólogo Daniel Prieto, da confraría de pescadores de Ribadeo, localizou durante unha mostraxe un...

Investigan o furto de produtos alimentarios en dous establecementos de Viveiro

A Garda Civil de Lugo investiga en Burela a dous homes como presuntos autores...

Francisco Rois: “Miguel Ángel Revilla será o pregoeiro da 45ª Festa da Troita da Pontenova”

-Despois de corenta e cinco anos desta Festa da Troita, cales foron os cambios...

A biblioteca de Barreiros contará cun club de lectura e biblioencontros infantís

Barreiros dinamizará a biblioteca municipal organizando encontros mensuais cos que pretende fomentar a lectura...