InicioOccidentalViveiro animará con música, gastronomía e xogos a praza de abastos

Viveiro animará con música, gastronomía e xogos a praza de abastos

O goberno local reivindicará o comercio local o día 26 con actividades para grandes e pequenos

Publicada o

- Advertisement -

Dentro do programa ‘Quere o teu mercado‘, impulsado pola Xunta de Galicia, o Concello de Viveiro preparou para o vindeiro sábado, 26 de maio, unha xornada festiva para reivindicar o valor do comercio local e da plaza de abastos da localidade.

O 26 será o Día Internacional dos Mercados. Para celebralo, o goberno local organizou varias actividades na praza de abastos, que poderán desfrutar tanto grandes coma pequenos. Haberá unha exhibición de cocteleiría, a cargo de Domingo González e Marcelo Continanza, do local Temple Bar.

Tamén haberá un obradoiro de ‘showcooking’, no que participarán Víctor Valenzuela, do restaurante O Muro, e Alejandro Balseiro, do Hotel Urban Viveiro.

Na xornada festiva non faltará a música, coa actuación do grupo Pindusa de Bágoas da Terra, así como da formación Sons de Viveiro.

PARA NENOS

Os máis pequenos poderán gozar dun taller de dieta mediterránea, unha xincana no mercado e da elaboración dun polbo de globoflexia.

O Concello de Viveiro agradece a colaboración das agrupacións e comercios colaboradores.

ÚLTIMAS

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...

Cervo apoia ao CEIP Península da Paz nun novo plan de acción de Alcoa

O Concello de Cervo colaborou co CEIP Península da Paz e co persoal voluntario...

O Concello de Foz agrade a Transportes a licitación para a mellora na intersección da Corredoira

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, felicitouse este luns co anuncio da Demarcación de...

Alfoz celebra o XXXII Festival da Terceira Idade o 25 de outubro

O Concello de Alfoz celebrará o vindeiro domingo 25 de outubro o XXXII Festival...